Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Noites de cine 2018
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Noites de cine 2018 en Brión

Infobrion.com

Regresan as Noites de Cine ao verán brionés. Nesta ocasión son dúas as sesións de cinema programadas, unha o mércores 4 e outra o venres 6 de xullo. As dúas previstas para as 22:30 h. na Carballeira de Santa Minia. Se o tempo non permite celebralas ao aire libre, as proxeccións realizaránse no Centro Social Polivalente.

Mércores, 4 de xullo:

"La, la, land" = "La ciudad de las estrellas" (EE.UU., 2016) - Musical, comedia, romántico -

Un film de Damien Chazelle protagonizado por Emma Stone, Ryan Gosling e John Legend.

Mia (Emma Stone), unha moza aspirante a actriz que traballa como camareira mentres acode a castings, e Sebastian (Ryan Gosling), un pianista de jazz que se gaña a vida tocando en sórdidos tugurios, namóranse, pero a súa gran ambición por chegar á cima nas súas carreiras artísticas ameaza con separalos.

Unha película que acadou o recoñecemento de público e crítica, con 6 Premios Oscar (incluídos Mellor director, actriz (Stone) e fotografía), 7 Globos de Oro (incluíndo Mellor comedia/musical, director, actor y actriz) e 5 Premios BAFTA (Mellor película e director, entre eles).

Autorizada para todos os espectadores.

Venres, 6 de xullo:

"Os fenómenos" (España, 2014) - Drama, traballo, emprego -

Unha película dirixida por Alfonso Zarauza e protagonizada por Lola Dueñas, Luís Tosar, Juan Carlos Vellido, Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris", Xosé Antonio Touriñán, etc.

Unha muller que vive desde fai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería, ve como a súa parella desaparece precisamente o día en que ía empezar a traballar. Recollidos os aveños, regresa co seu bebé á súa cidade natal, Ferrol, na Coruña. Ao principio, ten enormes dificultades para atopar traballo, pero acaba conseguindo un posto de peón de albanel. Superada con coraxe a dureza do oficio, pronto a súa cuadrilla empeza a destacar entre as demais pola súa extraordinaria capacidade de traballo.

Non recomendada a menores de 7 anos.

Todas as sesións con entrada de balde ata completar aforo.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela