Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
XXIII Festival de Títeres de Brión
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

XXIII Festival de Títeres de Brión

Infobrion.com

O aninovo é tempo de monicreques en Brión. Un ano mais, e xa van vinte e tres, regresa o Festival de Títeres de Brión, un evento lúdico-cultural para toda a familia cunha programación que nesta ocasión presenta tres espectáculos onde os monifates son protagonistas.

O primeiro deles celebrouse o día 2 de xaneiro. A compañía Danthea Teatro presentou "Cincenta", unha obriña que pon en escena unha historia clásica. O zapateiro real recibe tódolos días calzado das persoas máis importantes do reino. Un día chegará ás súas mans un pequeno zapato de cristal cunha fantástica historia; trátase do fermoso zapato da moza Cincenta.

Unha representación que reuniu no salón multiusos do Centro Social Polivalente a máis de 150 persoas. Un público entregado conformado por nenos e adultos que gozaron durante aproximadamente unha hora dun espectáculo dirixido a toda a familia.

A gran festa dos monicreques continua os días 3 e 4 de xaneiro, con dúas representacións máis. O xoves 3, Larei Lará presenta "Brancaneves e os sete", un conto clásico dos irmáns Grimm que narra unha historia que se desenvolve a redor dunha gran lareira na que un ancián rei lembra as aventuras da súa filla e dos encontros que tivo con sete misteriosos personaxes do bosque.

O XXIII Festival de Títeres pecharase o venres 4 de xaneiro coa compañía Teatro Marionetas Trécola que porá en escena "Tolitates". Un espectáculo que achega a Brión unha novidosa técnica de manipulación cunha mestura de teatro de obxectos, monicreques de fíos, bunraku e guiñol nun escenario dominado pola pantomima e a música.

As actuacións, ás que todas e todos estamos convidados, celebraranse no Centro Social Polivalente a partires das 17:30 h., con estrada libre ata completar o aforo.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela