Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Concurso de murais Quen dixo medo? 2018
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Concurso de pintura mural Quen dixo medo? 2018

Infobrion.com

Dentro da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero que a Deputación da Coruña impulsa con motivo da celebración do 25 de novembro "Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller" a institución provincial presenta baixo a denominación "Quen dixo medo?" un concurso de pintura mural.

O principal obxectivo desta iniciativa é empregar a pintura mural para xerar espazos que conviden á reflexión a toda a cidadanía, de xeito que se muden mentalidades a través da xeración de mensaxes e imaxes claras de loita contra a violencia machista.

O certame contará con dúas categorías. Unha para persoas adultas, na que poderán participar todas as persoas interesadas maiores de 18 anos e outra categoría de menores, na poderán participar aquelas persoas interesadas de entre 5 e 17 anos; individualmente ou en grupos de non máis de 4 integrantes, pertencentes aos Concellos da Provincia da Coruña que participan na campaña "QUEN DIXO MEDO?", entre os que se atopa Brión. En ambas categorías, no caso de se presentaren en grupo, computarán como un/unha único/a participante.

A temática sobre a que versarán os traballos deberá ser a sensibilización e a loita contra a violencia de xénero, quedando excluídos aqueles que conteñan contidos obscenos, violentos, xenófobos ou calquera outro que atente contra a dignidade das persoas.

No referente a técnica do mural, esta será libre. Deberase enviar un bosquexo en formato PDF que incluirá pequeno texto explicativo sobre as motivacións para a realización do deseño presentado e a súa relación coa temática do concurso, así como unha listaxe dos requisitos técnicos e materiais precisos para o seu desenvolvemento que, en todo caso, non excederán os 100 euros e serán achegados pola organización. A obra seleccionada realizarase nun lugar determinado con anterioridade, cunhas dimensións aproximadas de 200 x 300 cm, nun soporte liso e con imprimación previa en cor branca. O idioma que se empregará para a súa realización será o galego.

Os gañadores e as gañadoras de cada unha das categorías de participación establecidas para o presente concurso recibirá como premio un IPOD TOUCH de 32 GB. Ademais, realizarán o seu mural nun espazo público habilitado para tal fin, e a súa obra será gravada e fotografada para posteriormente ser difundida nas páxinas web www.quendixomedo.gal e www.dacoruna.gal.

O prazo de admisión de deseños para o concurso será do día 14 de novembro ata o 24 de novembro, ambos incluídos. Os traballos enviaranse a través do correo electrónico ao enderezo info@quendixomedo.gal, acompañados da folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal cos datos requiridos que se poderán descargar no enderezo www.quendixomedo.gal a partir do día 7 de novembro.

As bases integras da presente convocatoria aí como os concellos que participan na actividade pódense consultar premendo na seguinte ligazón:
Bases do concurso de pintura mural "Quen dixo medo? 2018"

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela