Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Encontro coa Arte: Lembrando a Mª Victoria Moreno
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Encontro coa Arte 2018: lembrando a Mª Victoria Moreno

Infobrion.com

Unha nova edición do Encontro coa Arte vai celebrarse os días 15, 16 e 17 de xuño. Unha actividade de promoción e divulgación das belas artes que reúne en Brión a un amplo elenco de artistas plásticos que durante tres días participarán en diferentes actividades de creación artística relacionadas co debuxo a pintura e a fotografía.

Como en anos anteriores, o Encontro coa Arte homenaxeará a unha destacada figura das nosas letras, relacionando deste xeito arte e literatura. Nesta ocasión a escollida é a escritora María Victoria Moreno, protagonista do Día das Letras Galegas 2018. Unha personalidade que estará presente en todo momento durante o desenvolvemento das xornadas.

O programa de actividades iniciase o venres, cun acto institucional que se celebrará no Centro Social onde autoridades locais darán a benvida aos artistas participantes, chegados de diferentes lugares da xeografía española. Será pola tarde, a partir das 16:30 h. cando os creadores e as creadoras se achegarán ata o adro da Igrexa de Bastavales, lugar onde participarán na primeira xornada de pintura do natural. Un obradoiro ao aire libre onde veciños e visitantes poderán participar do proceso creativo dunha obra de arte.

Asemade, celebrarase o II Concurso de Debuxo e Pintura rápida do Encontro dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 17 anos. Un certame artístico cunhas bases de participación que poden consultarse na seguinte ligazón. Os gañadores de cada unha das tres categorías en que se divide o concurso acadarán un diploma e premios en metálico.

A xornada rematará ás 19:00 h. coa derradeira visita teatralizada "Rosalía en Bastavales" a cargo de Os Quinquilláns. Un serán de divulgación da figura de Rosalía de Castro que poñerá punto e final a serie de actividades iniciadas este ano co fin de relanzar a Ruta Rosaliana e reivindicar as ligazóns da escritora compostelá con Brión.

Para rematar un intenso día de actividades, ás 21:30 h., a Sala de Exposicións Municipal acollerá a inauguración da mostra das obras doadas no XII Encontro coa Arte "Lembrando a Carlos Casares" celebrado hai un ano. Así mesmo, procederase coa entrega de galardóns aos premiados no II Concurso de Debuxo e Pintura. O serán rematará coa actuación especial do grupo Campo de Estrelas.

Domingo de pintura no Río Pego

Dende as 10:00 e ata as 13:00 h. os artistas trasladarán os seus lenzos en branco ata o paseo do Río Pego. Alí realizarán unha xornada de pintura do natural aberta a toda a veciñanza nunha contorna que convida a tinxir de verde a paleta de cores.

Mercado da Arte do Encontro

De venres a domingo, o Centro Social acollerá un mercado da arte onde os artistas participantes expoñerán obra de cara á venda. Unha ocasión única para que afeccionados á arte e coleccionistas poidan contemplar e adquirir obra en diferentes formatos. O horario de apertura será: venres de 16:30 a 20:30 h., sábado de 9:30 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h. e domingo de 9:30 a 14:00 h.

O espazo polivalente tamén albergará unha interesante Exposición das obras realizadas polos nenos e nenas e os grupos de adultos nos Obradoiros de Pintura e Manualidades durante o curso 2017/2018.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela