Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Festa das Letras na Carballeira 2018
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

As Letras na Carballeira 2018: celebrando as nosas Lingua e Literatura con Mª Victoria Moreno

Infobrion.com

O martes 16 de maio a Carballeira de Santa Minia acolleu por terceiro ano consecutivo a festa das Letras na Carballeira, dedicada nesta ocasión a María Victoria Moreno, personalidade homenaxeada no Día das Letras Galegas.

Arredor de 650 alumnos e alumnas dos ciclos de Educación Infantil e Primaria do concello participaron neste gran festival, organizado polas escolas unitarias de Os Ánxeles, Bastavales e Luaña e o CEIP de Pedrouzos. Un evento que contou colaboración do Concello de Brión, a través da súa Casa da Cultura e biblioteca municipal.

Con recitais, música e danza tradicionais, esta gran festa das Letras e da Lingua celebrou a nosa identidade cultural única a través da lembranza da figura e da obra da escritora María Victoria Moreno, pontevedresa de adopción que chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela