Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Libros para sermos libres e celebrar o Día do Libro
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Éxito de participación na campaña Libros para sermos libres

Infobrion.com

O 23 de abril, celebramos en Brión o Día Internacional do Libro. Para conmemora esta data tan especial a BPM de Brión participou na campaña da Deputación da Coruña "Libros para sermos libres", una iniciativa cultural e de animación á lectura á que se uniron outros 29 concellos da provincia.

Ao longo da xornada repartíronse entre a cidadanía, e de xeito totalmente gratuíto, preto de 300 exemplares, achegados pola Deputación, a propia biblioteca e Casa da Cultura do Concello de Brión. Os puntos de reparto ficaron, ademais de na biblioteca municipal, no exterior da Casa da Cultura e na entrada da Escola Municipal de Música Magariños.

A campaña pode cualificarse de éxito completo. Ao longo do día, máis de 80 persoas retiraron libros no punto situado na biblioteca municipal. A modo de exemplo, dos 75 libros colocados no punto de solta situado na Escola de Música Municipal, ao remate da xornada, só quedaron dispoñibles 5 exemplares. A oferta bibliográfica estivo composta fundamentalmente por libros de poesía, ensaio, teatro, fotografía, investigación, pintura e banda deseñada, achegados pola Deputación. Pola súa banda, a biblioteca municipal complementou o lote con exemplares de literatura infantil e xuvenil, que foron dos primeiros en esgotarse.

Con esta iniciativa a Deputación da Coruña e o Concello de Brión quixeron celebrar o Día do Libro achegando á lectura a cidadanía dun xeito diferente. Agora só esperamos que os exemplares ceibados enriquezan as bibliotecas e potencien o hábito lector de todos os veciños e veciñas que se interesaron por esta campaña. A todos e todas, moitas grazas pola vosa participación.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela