Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Emotiva foto de grupo xunto ao busto de Vidal Bola帽o
Na imaxe (comezando pola esqueda): Manuel Guede, P... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Destacadas figuras da dramaturxia galega re煤nense en Bri贸n

Infobrion.com

O s谩bado, 8 de xullo, un grupo de destacados e destacadas profesionais do Teatro Galego visitaron Bri贸n, convocados nunha xuntanza enmarcada nun proceso de di谩logo que ten como principal obxectivo a creaci贸n dunha futura Academia Galega do Teatro.

O encontro, no que participaron Manuel Guede, Paco Oti, 脕nxela G. Abalo, Luma G贸mez, Eduardo Alonso, Gustavo Pernas, Xos茅 Manuel Rab贸n, Antonio F. Sim贸n, Miguel Pernas, Xulio Lago, Inma Ant贸nio Souto, Mar铆a Barcala e Manuel Areoso, tivo o seu momento emotivo nunha simb贸lica fotograf铆a tomada na Carballeira de Santa Minia, ao p茅 do busto que homenaxea a un ilustre veci帽o de Bri贸n e senlleiro representante da dramaturxia galega, o inesquecible Roberto Vidal Bola帽o.

Segundo comenta o dramaturgo Manuel Guede, "este encontro de Bri贸n enm谩rcase nun proceso de di谩logo que ten como obxectivo a constituci贸n futura da Academia Galega do Teatro". 脕 par, espera que "esta iniciativa sirva, tal e como lle aquelar铆a a Vidal Bola帽o, para avanzar e mellorar as estruturas que conforman o sistema teatral galego".

Sen d煤bida, unha destacada reuni贸n onde Bri贸n se sente reco帽ecido por formar parte deste movemento fundador que, de seguro, arribar谩 a bo porto.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela