Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Encontro coa Arte: Lembrando a Carlos Casares
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

XII Encontro coa Arte 2017

Infobrion.com

Un ano máis pintura, fotografía, poesía e música invaden Brión da man dos artistas participantes no XII Encontro coa Arte: Lembrando a Carlos Casares. Literatura e artes plásticas unidas durante tres días para lembrar ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Un oportunidade única para contemplar en vivo o traballo de 25 creadores procedentes de diferentes recunchos de Galicia e do Estado español. Un evento que terá lugar os vindeiros días 16, 17 e 18 de xuño.

Cun lenzo en branco para plasmar a beleza de diferentes lugares de Brión, cada un dos artistas improvisará o seu particular estudio ao aire libre para traballar durante unhas horas de cara ao público. Acontecerá nas xornadas do sábado e o domino (pola mañá) nos diferentes obradoiros de pintura do natural que terán lugar, respectivamente, na entorna do Río Pego e na Carballeira de Santa Minia.

O encontro deste ano tamén traerá consigo a inauguración da mostra das obras doadas no X Encontro coa Arte "Lembrando a Manuel María" celebrado en 2015. Un evento que se celebrará o venres 16 de xuño ás 21:30 h. na Sala Municipal de Exposicións da Casa da Cultura e que contará coa actuación especial da cantautora ferrolá Paloma Suanzes.

A programación musical do encontro non rematará aí. O sábado 17, o Centro Social acollerá ás 21:00 h. un concerto-homenaxe dedicado a Carlos Casares a cargo do grupo Xardín Desordenado. Un recital de acceso libre ata completar aforo, onde se incluirán cancións con diversos textos do autor ourensá.

Como novidade desta edición, o Encontro coa arte de 2017 convocará un concurso de debuxo e pintura rápida dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 17 anos. O certame celebrarase o domingo 18 de xuño entre as 10:00 e as 13:00 h. As bases poden consultarse na seguinte ligazón.

Ademais, como en edicións anteriores e coincidindo co Encontro, haberá na Sala de Exposicións da Casa da Cultura un Mercado da Arte do Encontro onde o público que o desexe poderá visitar unha galería de arte con obra dos distintos artistas participantes á venta.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela