Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
O recoñecido artista ribeirense Manuel Ayaso
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O artista Manuel Ayaso presenta exposición en Brión

Infobrion.com

O artista ribeirense Manuel Ayaso presentará na Sala de Exposicións do Concello de Brión "Añoranza de Aguiño", unha mostra única e irrepetíbel que se inaugurará o venres 7 de abril ás 20:30 h. Este acto será o punto de partida dunha exposición que permanecerá aberta ao público ata o día 5 de maio de 2017, e que poderá visitarse de 9:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h. de luns a venres.

Ayaso é un dos artistas plásticos galegos con maior traxectoria creativa e proxección internacional. Nado en Aguiño (Ribeira) en 1934, viviu dende neno nos Estados Unidos, país onde desenvolveu a maior parte da súa longa e frutífera carreira artística. Unha circunstancia que non lle impediu conservar unha forte ligazón sentimental coa Nosa Terra que aparece reflectida na maior parte da súa obra.

A súa particular técnica e orixinal iconográfica convértenno nun artista único situándoo na elite da creación artística galega contemporánea. Brión ten, grazas a esta magnífica exposición, unha oportunidade excepcional para coñecer a obra dun dos grandes artistas plásticos galegos.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela