Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  | Seg>
Separador
Francisco Castro visita a bibliotaca de Brión
O escritor e editor vigués rodeado dalgúns dos i... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O escritor e editor Francisco Castro visitou a biblioteca municipal de Brión

Infobrion.com

Coincidindo co Día Mundial da Poesía, a biblioteca pública de Brión recibiu o martes 21 de marzo ao escritor e director xeral da editorial Galaxia Francisco Castro que fixo un oco na súa apertada axenda para reunirse cos integrantes do club de lectura da biblioteca.

Unha esperada xuntanza para falar sobre a súa última novela, "Amor é unha palabra coma outra calquera" (Galaxia, 2016), unha obra recentemente lida polos integrantes do club. Durante aproximadamente unha hora, Francisco atendeu distintas cuestións presentadas polas lectoras e lectores que participan nesta actividade de dinamización onde, de xeito periódico, poñen en común experiencias lectoras compartidas.

O serán, que resultou moi ameno e didáctico, tamén serviu para coñecer polo miúdo o proceso creativo que supón escribir unha obra literaria. Algo que Francisco coñece moi ben, pois é autor de numerosas obras recoñecidas por crítica e público.

Para rematar o serán, e a xeito de testemuña e en lembranza da súa visita, o escritor e editor vigués asinou un exemplar das súas obras "Amor é unha palabra como outra calquera" e "Tes ata as 10", dous títulos á disposición de todos os usuarios da biblioteca municipal.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela