| 02/08/2010 | Gran participación nas Actividades de verán 2010 |
|---|---|
| 02/08/2010 | Un grupo de mozos e mozas de Brión visita Guillena (Sevilla) |
| 16/07/2010 | Tres nenos saharauís pasarán o verán en Brión |
| 05/07/2010 | Entrega de diplomas da Aula de Informática de Brión |
| 02/07/2010 | Noites de Cine 2010 |
| 30/06/2010 | As alfombras florais de Ons, únicas na comarca |
| 30/06/2010 | Panamesiana Teatro estreou en Brión a obra Oh, que bonito é Panamá! |
| 18/06/2010 | Jam Brión 2010: arte urbana e música electrónica |
| 17/06/2010 | Romaría de Música e Danza Festival Internacional de Folclore 2010 |
| 14/06/2010 | Rutas de sendeirismo 2010. Faro de Corrubedo - Praia das Furnas |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
O concello de Santiago e outros 18 das comarcas limítrofes uníronse aos 95 concellos de Galicia que dende o 1 de febreiro só ven a TDT, completándose así as fases I e II deste proceso de apagamento da señal de TV analóxica.
Os que aínda non dispoñen dun descodificador de TDT (Televisión Dixital Terrestre) nos seus fogares atopáronse o 1 de febreiro cunha pantalla en negro, e unha mensaxe que informaba que as canles en analóxico sufriran xa unha desconexión. O concello de Santiago e outros 18 das bisbarras limítrofes uníronse aos 95 concellos de Galicia que dende o 1 de febreiro só ven a TDT, completándose así as fases I e II deste proceso de apagamento.
Algúns dos municipios da bisbarra, como Teo, foron dos primeiros en sufrir o apagamento hai uns días, polo que agora únense, ademais de Compostela, Ames, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, Piñeiro, Rois, Santa Camba, Santiso, Toques, Tordoia, Trazo e Vedra. En toda Galicia 203 concellos e máis dun millón e medio de galegos quedaron sen o sinal en analóxico dende que comezou este proceso.
Ignacio Otero, secretario xeral de Telecomunicacións da Xunta de Galicia, indicou onte que o apagamento se produciu con total normalidade e sen apenas incidencias. Unicamente se rexistrou algún problema no ámbito de Carballo, así como en Cerdedo, onde aínda non estaba planificado o apagamento pero se viu afectado polo centro emisor de Pantón.
A partir de agora, e tras estas dúas primeiras fases, iníciase un período de relativa tranquilidade xa que a próxima data prevista -que é xa a definitiva-, é a do 3 de abril, cando definitivamente se producirá o apagamento analóxico en toda España.
Aínda que por enriba do 98% dos fogares galegos están a recibir con normalidade o sinal da televisión dixital terrestre, algo menos dun 2%, debido ás súas condicións orográficas ou de situación, non logran recibir a TDT. Nestes casos, indicou Ignacio Otero, xa se está a traballar nas altas de servizo a través de satélite, que se fai de modo gratuíto. O que si teñen que adquirir os usuarios é a antena para poder instalar este servizo.
Os números habilitados para aclarar as dúbidas sobre o proceso de implantación da TDT -981 572154 ou 012-, están a rexistrar unha incidencia que cualificaron de non moi excesiva. Aseguran que as chamadas recibidas son menos das esperadas, entre 200 e 230 ao día, a maioría para consultar dúbidas sobre o apagamento.
Ligazón coa noticia
[Fonte: La Voz de Galicia - 02/02/2010]