| 02/08/2010 | Gran participación nas Actividades de verán 2010 |
|---|---|
| 02/08/2010 | Un grupo de mozos e mozas de Brión visita Guillena (Sevilla) |
| 16/07/2010 | Tres nenos saharauís pasarán o verán en Brión |
| 05/07/2010 | Entrega de diplomas da Aula de Informática de Brión |
| 02/07/2010 | Noites de Cine 2010 |
| 30/06/2010 | As alfombras florais de Ons, únicas na comarca |
| 30/06/2010 | Panamesiana Teatro estreou en Brión a obra Oh, que bonito é Panamá! |
| 18/06/2010 | Jam Brión 2010: arte urbana e música electrónica |
| 17/06/2010 | Romaría de Música e Danza Festival Internacional de Folclore 2010 |
| 14/06/2010 | Rutas de sendeirismo 2010. Faro de Corrubedo - Praia das Furnas |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
O vindeiro venres 12 de febreiro terá lugar o acto de entrega de galardóns e inauguración da exposición correspondentes ao VI Certame de Pintura Concello de Brión – Novos Valores 2009, unha edición que xa se pode cualificar de rotundo éxito, aló menos no que a participación respecta.
Cincuenta son os artistas que este ano participan no VI Certame de Pintura Novos Valores 2009, e outras tantas as obras que o xurado do concurso deberá xulgar na procura dos premiados deste ano. Un importante incremento na participación con respecto a edicións anteriores que os organizadores do certame atribúen a unha maior difusión do evento, así como a un reparto de galardóns que reduce premios pero concentra maior contía económica en cada un deles.
O xurado deste certame, organizado polo Concello de Brión co patrocinio da Fundación Feiraco, deberá elixir un gañador e segundo premio por cadansúa categoría:
Categoría A, mozos e mozas de 14 a 17 anos e Categoría B, pintores noveis de 18 anos en diante.
A maior participación concéntrase nos artistas maiores de idade, que presentaron a concurso 35 obras, fronte aos máis novos, que aportan a considerable cifra de 15 cadros. Unha novidade desta edición foi eliminar o límite dos 35 anos de idade na categoría B, pois a filosofía do certame é promover aos novos valores da pintura da nosa comunidade, sen límites na idade.
O venres 12 de febreiro, a partir das 20:30 horas, o Centro Social Polivalente acollerá o acto de entrega de premios do certame, onde se renderá tributo aos gañadores e, por suposto, se recoñecerá o talento de todos os participantes. Unha vez rematado, os asistentes trasladaranse ata o Espazo das Artes de Brión para proceder á inauguración da exposición que recolle unha selección da obra presentada a concurso. A mostra, que ocupará dúas salas do primeiro andar, permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 12 de marzo.
Na vindeira semana, Infobrion.com publicará o nome dos gañadores e finalistas, así como unha selección de imaxes da obra que este ano concorreu ao VI Certame de Pintura Concello de Brión-Novos Valores 2009.