Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  | Seg>
Separador
Exposición Vivencias heteroxeneas
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada Foros Relacionados
- Non hai

Exposición “Vivencias heteroxéneas, cousas que ver”

Casa da Cultura. Concello de Brión

O venres 22 de xaneiro, inaugurouse no Espazo das Artes de Brión a mostra “Vivencias heteroxéneas, cousas que ver” , unha escolma do traballo de alumnos de último ano de carreira da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Dende a súa inauguración, o Espazo das Artes de Brión non descansa no seu empeño de promover no concello as artes plásticas. Nesta ocasión, faino a través dunha exposición que recolle unha selección do traballo realizado ao longo do curso por alumnos e alumnas de último ano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Trátase dun mosaico de obras de temática variada que veñen representar un compendio formal, estético e intuitivo das inquedanzas de cada alumno, expresadas a través do formato pictórico ou fotográfico.

Os creadores, Reyes R. Maquieira, Paula Pereira, José Romay, Vanesa Sexto, Tamara Lores, Luis Martínez Romero, Andrea Vila e Susana Viña, encargados de levar a cabo esta iniciativa, presentan, “Vivencias heteroxéneas. Cousas que ver”, un conxunto de 15 obras, coas que inician un novo diálogo cos creadores fora da propia facultade.

A inauguración tivo lugar no Espazo das Artes do Concello de Brión o día 22 de Xaneiro de 2010 ás 20:30 h. A mostra permanecerá aberta ao público dende esta data ata o 30 do presente mes, de luns a venres en horario de mañá (9:00 – 14:00 h.) e tarde (16:00-19:00 h.). Os fins de semana abrirá os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela