| 02/08/2010 | Gran participación nas Actividades de verán 2010 |
|---|---|
| 02/08/2010 | Un grupo de mozos e mozas de Brión visita Guillena (Sevilla) |
| 16/07/2010 | Tres nenos saharauís pasarán o verán en Brión |
| 05/07/2010 | Entrega de diplomas da Aula de Informática de Brión |
| 02/07/2010 | Noites de Cine 2010 |
| 30/06/2010 | As alfombras florais de Ons, únicas na comarca |
| 30/06/2010 | Panamesiana Teatro estreou en Brión a obra Oh, que bonito é Panamá! |
| 18/06/2010 | Jam Brión 2010: arte urbana e música electrónica |
| 17/06/2010 | Romaría de Música e Danza Festival Internacional de Folclore 2010 |
| 14/06/2010 | Rutas de sendeirismo 2010. Faro de Corrubedo - Praia das Furnas |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
O Concello de Brión vai investir uns 20.000 euros na recuperación do entorno da igrexa de Santa María de Viceso. Nestes días, os operarios municipais traballan no seu primeiro paso: a reconstrución dun antigo muro perimetral, duns oitenta metros de lonxitude, que cedera hai unhas semanas.
“O muro era moi antigo e finalmente fendeu”, explica o alcalde de Brión, Xosé Luis García, “polo que os veciños de Viceso compraron unha pequena parcela de terreo para que nós puideramos regularizar ese muro perimetral do adro da igrexa”. Unha obra que se fará “grazas ás aportacións dos propios veciños, dunha subvención de 4.000 euros da Deputación Provincial e a unha aportación do Concello de 17.000 euros”, puntualiza Xosé Luis García.
Este muro de contención terá unha lonxitude de oitenta metros e unha altura de entre dous e catro metros (dependendo das características do propio terreo). Unhas obras que poderían estar rematadas antes de que remate o ano e ás que seguirán unhas obras de mellora do entorno da igrexa. “Imos investir uns 3.000 euros en acondicionar a zona, dotala dunha barandilla de seguridade e de diverso mobiliario urbano para que sexa un lugar de ocio para os veciños da zona”, apunta o alcalde brionés.
A igrexa de Santa María de Viceso destaca pola súa fachada barroca. Comezouse a construír a finais do século XVIII pero non se rematou ata un século máis tarde. É de planta de cruz latina, coa capela maior cadrada que conta cun retábulo neoclásico. O Concello de Brión xa acometera no ano 2006 unhas obras de ampliación do acceso á Igrexa de Santa María Viceso, que dispón de beirarrúas e dunha calzada ampla, que permite o estacionamento de varias ducias de vehículos.
Por outra banda, o Concello vén de construirlles un novo lavadoiro aos veciños e veciñas da localidade de O Enxo, na parroquia de Brión. Un lavadoiro que o Concello de Brión decidiu levar a cabo para atender as peticións realizadas polos propios veciños do lugar, que ata o de agora utilizaban unha rudimentaria presa que facían con varias pedras no regato do Enxo.
Durante os últimos vinte días, os obreiros municipais traballaron no lugar levantando un lavadoiro no que destaca, especialmente, a súa gran toma de auga procedente do regato que alimenta o cubo de pedra da instalación. Para iso, canalizouse a auga deste regato a través dunha pequena tubería, que tamén se encarga do desaugue da mesma. Este cubo de pedra está situado baixo os típicos catro piares deste tipo de construcións, e que están ubicados sobre un chan de pedra e cubertos por un tellado de tella do país, cun tendedeiro para a roupa.