Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Orgullosos de obter a acreditación ECDL
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Un novo grupo de alumnos obtén a tarxeta ECDL no Telecentro de Brión

Casa da Cultura. Concello de Brión

Un grupo de cinco persoas, alumnos dunha academia de Santiago de Compostela, acaban de acadar cadansúa tarxeta de acreditación ECDL, tras presentarse as correspondentes probas no Telecentro de Comunicacións brionés.

Brión é un dos poucos lugares acreditados para realizar os exames necesarios para obter a ECDL, acreditación internacional europea que outorga o recoñecemento de posuír unha formación básica e completa en informática a nivel de usuario. Un título cada vez máis demandado por empresas e administración para os seus traballadores, polo que o interese que espertan as probas para obter esta acreditación no Telecentro brionés increméntase día a día. Proba disto, é a procedencia dalgúns alumnos que se presentaron aos exames no noso concello e que viñeron dende lugares como Abegondo ou Vigo. Incluso, comenta o técnico do Telecentro, teñen solicitado información persoas de fóra de Galicia.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela