Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Viaxe da Mocidade 2017: Torremolinos
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Amplíase o prazo de preinscrición na Viaxe da Mocidade 2017

Infobrion.com

Un ano máis, os mozos e as mozas de Brión de entre 18 e 35 anos de idade están convocados a participar nunha nova edición das Viaxes da Mocidade, unha actividade organizada polo Concello de Brión dende 2007 que acode puntual a súa cita de cada verán. Unha oportunidade única para gozar dunhas vacacións mentres se coñecen outros lugares da xeografía nacional.

Este verán, o destino escollido é a localidade malagueña de Torremolinos, lugar dende onde os participantes se desprazarán por diferentes lugares de Andalucía para coñecer os atractivos culturais e turísticos da zona. As datas de celebración serán do 24 ao 30 de xullo.

Con motivo da celebración do décimo aniversario desta actividade, e de xeito extraordinario, na viaxe deste ano tamén poderán inscribirse mozas e mozos con máis de 35 anos que participaran na actividade nas dúas últimas convocatorias (2015 e 2016), ocupando as prazas que queden sen cubrir polos participantes de 18 a 35 anos unha vez remate a fase de pre inscrición.

Esta última abriuse dende o 2 ao 31 de maio de 2017 e agora amplíase ata o 15 de xuño. Os interesados e interesadas poderán facela chamando ao teléfono 981 50 99 69, de luns a venres entre as 16:30 a 21:30 h. e os sábados de 09:30 a 13:30 h. Hai 50 prazas dispoñibles para xente nova de 18 a 35 anos de idade, con preferencia os veciños de Brión.

O prezo da actividade, que inclúe desprazamento e estancia no albergue a media pensión (inclúe almorzo e cea) vai ser de 220 euros, que poderán aboarse ata o 23 de xuño, unha vez avisados pola organización.

Os mozos interesados en participar xa poden consultar toda a información sobre a viaxe na web:
excursionmocidadebrion.blogspot.com

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela