O sábado 18 de xuño, os maiores de Brión terán unha oportunidade única para coñecer o santuario do Bom Jesús, un dos monumentos máis significativos da cidade de Braga. Porque o Concello de Brión organiza unha interesante excursión á localidade portuguesa dirixida a toda a veciñanza de máis de 60 anos e a pensionistas maiores de 55 anos, que ademais poderán viaxar acompañados das súas parellas.
A viaxe en autocar iniciarase ás sete da mañá. Os autobuses recollerán aos participantes polas diferentes parroquias, nos lugares que se indicarán no momento de realizar a inscrición na actividade. A excursión inclúe a visita ao santuario, un xantar con posterior verbena de sobremesa na Quinta do Cruzeiro e unha parada en Valença do Miño á volta, con tempo para realizar compras na vila miñota.
Os interesados/as en participar xa poden inscribirse nas oficinas municipais, chamando ao tfno. 981 88 70 06. O prazo para facelo remata o venres dÃa 10 de xuño. O prezo da actividade é de 25 Euros por persoa.