| 03/02/2012 | Viaxe dos maiores de 55 anos a Torremolinos |
|---|---|
| 20/01/2012 | Fin de semana de termalismo en Ourense e Portugal |
| 02/09/2011 | Os mozos brioneses visitaron Barcelona |
| 21/07/2011 | Excursión da mocidade a Barcelona |
| 08/07/2011 | Un día de sendeirismo e praia nas Cíes |
| 09/06/2011 | Novas rutas de Sendeirismo para xuño e xullo |
| 01/04/2011 | Aberto o prazo de inscrición para a viaxe da mocidade a Barcelona 2011 |
| 11/02/2011 | Barcelona e Brión, amigos para sempre |
| 11/02/2011 | O concello organiza unha viaxe a País Vasco e sur de Francia |
| 07/01/2011 | O concello organiza unha viaxe a Portugal |
| <Ant | 1 2 | Seg> |
Os mozos e mozas de Brión asistiron esta semana á estrea dunha nova edición das Viaxes da Mocidade, unha actividade que dende o ano 2007 ten unha grande acollida entre os máis novos do concello.
A aventura deste verán vai levar a un grupo de 52 mozos e mozas brioneses, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, ata a cidade de Málaga, dende onde se desprazaran para coñecer distintos lugares de Andalucía.
A viaxe retoma un destino que no verán de 2008 tivo un grande éxito; unha excursión que deixou unha inesquecible pegada na memoria dos mozos que daquela participaron. Por iso que, non fai falla viaxar no tempo para rememorar aqueles días. Só hai que inscribirse na viaxe deste ano.
Dende o 21 ao 28 de xullo os interesados poderán pasar uns días en Andalucía visitando a cidade de Málaga, Granada, Ronda, Marbella, Tarifa, Gibraltar, etc. Estarán hospedados a media pensión (almorzo e cea) no Albergue Inturjoven de Málaga (da rede de albergues da Junta de Andalucía), situado na capital, un vello coñecido para os que participaron na viaxe anterior.
Para inscribirse na actividade, os interesados poderán dirixirse dende o 10 ao 30 de abril aos teléfonos 981 88 70 06 (horario de 8 a 15 h.) e ao 981 50 99 69 (horario de 16 a 22 h.). O custo da viaxe é de 200 €, prezo que poderán aboar ata o día 15 de maio.
Toda a información está no blog das Viaxes da Mocidade de Brión. Porque, este ano regresamos a Málaga sen viaxar no tempo.