Infobrion Correo Electrónico

Carmen Boquete, unha ilustrada veciña de Aguiar, Brión

Yolanda García. GIS-T IDEGA. USC.

Carmen Boquete, veciña de Aguiar, de 71 anos conta e lembra con agarimo a súa vida en Brión, na aldea de Aguiar. Autodidacta de formación amosa a súa afección á leitura e actualmente bota en falla a escaseza de veciños na súa aldea. Lembra interesantes receitas de cociña e a fermosura das casas señoriais de Brión. O seu avó, canteiro no século XIX, esculpiu milleiros de pedras de dúcias de casas de Brión e da comarca.

Carmen Boquete, veciña de Brión, naceu o 1 de agosto de 1932 na aldea de Aguiar na casa que leva o seu nome, a casa de Boquete.

De pequena foi á escola de Brión tendo como mestra á muller de D. Xosé. A súa infancia lémbraa con moitísimo vecindario, con moitos amigos da mesma idade. Lembra tamén as labores no agro e a emigración. De nena xogaba á comba, á roda e ós pelouros que lle facía o seu pai con recortes de mármore limado. A marcha do irmán maior cara a guerra civil, con 18 anos, provocou un gran desgusto na casa, e así o lembra con mágoa. Tamén, aínda que en menor medida, recorda con gran pesar as dificultades que sufriu para seguir estudiando.

O seu casamento lémbrao con moito agarimo, partindo despois da cerimonia de viaxe cara a Madrid. Co seu home, natural de Arzúa, tivo dous fillos. Hoxe en día bota en falla que non haxa tantos veciños nas casas, e tamén lembra con pesar o peche das portas do cine de Brión.

Carmen é unha gran afeccionada á lectura. Ademais gústalle moito cociñar. Ela e a súa nai facían moi ben as labores nas matanzas. Recorda tamén como facían as filloas coas iscas dos pinos e máis con touciño. Segundo ela as carnes de agora non saben como as de antes.

Cando lle falan de Brión pensa en Santa Minia e na historia que atesouran as casas feudais. De feito o seu avó foi canteiro e traballou en moitas das casas do Concello de Brión.
Semanalmente Carmen asiste ás súas sesións de ximnasia de mantemento, unha actividade proposta polo concello que lle está a dar moi bos resultados.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela