Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Cea homenaxe a Luciano Pena Andrade
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Homenaxe a Luciano Pena Andrade

Casa da Cultura. Concello de Brión

Despois de 32 anos de servizo acaba de xubilarse un dos máis veteranos funcionarios do concello. O que fora tesoureiro municipal e fundador da revista Altamira, Luciano Pena Andrade foi homenaxeado polos seus compañeiros o pasado venres 6 de maio nunha cea no Hotel Casa Rosalía de Os Ánxeles.

Ao acto tamén acudiron antigos compañeiros de traballo cos que Luciano compartiu actividades e vivencias ao longo da súa dilatada carreira profesional. Os asistentes quixeron agasallar a Luciano cun libro que recopila as historias e lendas de Brión, un dos seus traballos publicado na revista Altamira, e un DVD onde compañeiros e amigos lle transmiten os seus parabéns e sentido agradecemento polas experiencias compartidas.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela