Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 3  4  5  6  7  8  9  | Seg>
Separador
As cores de Brión
Campos, árbores e flores, combinados coas edificac... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
24/04/2007 Os pequenos da Aula 3 exercen de xardineiros Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
20/07/2006 InfoBrión achégase Ó Tremo para entrevistar a Olga Ramos Gende Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
20/04/2004 Lucio Juan Ángel Rarís García. Florista de San Salvador de Bastavales Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
05/03/2004 Elisa Redondo Abelenda
Foros Relacionados

Brión, concello de grande riqueza natural

GIS-T Idega

Sexan flores silvestres ou cultivadas, sexan árbores centenarias ou recén plantadas, a vexetación da vida e cor o lugar onde crece, enriquecendo a paisaxe e mantendo o valioso ecosistema do territorio. Tempo atrás as especies vexetais autóctonas enchían cada rincón dos concellos galegos, pero os intereses económicos e productivos, mesturados coas novas necesidades sociais, foron mudando o aspecto, facendo que moitas variedades naturais desapareceran, mentres que outras especies foráneas acabaron por implantarse.

Brión é un bo exemplo deste fenómeno de crecemento. A natureza fronte ó progreso. O Concello, tanto a nivel gubernamental como particular dos propios veciños, tenta compaxinar un innegable crecemento constructivo co equilibrio natural. A vista de paxaro, Brión aínda é un municipio eminentemente verde. Parques, bosques e xardíns privados colorean unha paisaxe a manter e coidar. InfoBrión quixo adentrarse na natureza do concello para achegar ós seus usuarios e usuarias a riqueza vexetal e a beleza da flora brionesa.

Unha vez a ras de chan internámonos por campos e bosques, dispostos a descubrir tódalas especies florais que a profusa vexetación esconde a primeira vista. Como pingas de cor no medio do verde atopamos tantas variedades que sería difícil enumeralas nun só artigo. As rosas silvestres, de variadas cores son as primeiras que chaman a nosa atención; tamén destaca o amarelo da xesta, planta con propiedades purgantes, diuréticas e cardiotónicas; a forma e cor morada dos croques non pasa desapercibida, pero mellor será que evitemos tocala, xa que é moi tóxica. A ruda, tan usada na menciña popular da zona atópase en grande número, ó igual que o sabugueiro, outra planta á que se lle atribúen cualidades curativas, sendo recomendable para as inflamacións e contra a tos. Tamén o romeu, un excelente cicatrizante e estimulante, é sinxelo de localizar polos campos de Brión. As manzanillas e as margaridas, as verbenas ou as campanillas crecen por todas partes, embelecendo, aínda máis se cabe, a paisaxe natural.

Achegándonos ás áreas urbanizadas atopamos outro tipo de natureza. Esa natureza ordenada e premeditada, pero innegablemente fermosa, dos xardíns particulares. Aquí as plantas decorativas ocupan a maior parte do espazo. As chamativas hortensias son indiscutibles protagonistas destas zonas verdes. Tamén os rosais, nas súas máis variadas versións e cores, aportan a súa clásica beleza e agradable perfume. Iris, fucsias, gardenias ou crisantemos son outras das especias florais escollidas polos veciños e veciñas para dar un toque diferente ós seus xardíns. Non faltan tampouco as plantas aromáticas e culinarias. A lavanda, o romero, o ourego ou a menta, non só decoran, senón que son de moita utilidade no ámbito doméstico. Mención aparte merecen as plantas trepadoras, moi típicas na zona de Brión, decorando fachadas e vallas. Buganvillas, hedras e glicinias escalan polos muros intregrando ós edificios na natureza.


Se queres aprender máis sobre flores, plantas e árbores, podes visitar calquera das seguintes páxinas web:

Infoagro

Infojardín

Bakker

Plantas y hogar

Verde Gaia

CEIP San Francisco Xabier

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela