Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Maio Cultural 2018
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Maio Cultural 2018: programación especial Día das Letras Galegas

Infobrion.com

O Día das Letras Galegas está dedicado esta ano a María Victoria Moreno, pontevedresa de adopción que chegou a Galicia en 1963 e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas.

Para lembrar a esta figura das nosas Letras e recuperar a súa obra, o Concello de Brión, a través da Casa da Cultura e da biblioteca municipal, presenta unha ampla programación lúdico cultural que se desenvolverá ao longo do mes de maio.

Un programa de actividades que comezou o 30 de abril coa obra de Limiar Teatro, ?Anagnórise?, baseada na novela de María Victoria Moreno e dirixida ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES de Brión.

Porque son os estudantes dos centros de ensino do municipio os principais destinatarios das actividades, cunha temática que xira arredor do personaxe homenaxeado no Día das Letras Galegas e constituídas fundamentalmente por sesións de teatro, contacontos, conferencias e recitais dramatizados. Sen esquecer, tampouco, outros eventos destacados como a Festa da Letras na Carballeira ou a Noite en Branco da ESMU Magariños.

A abertos a toda a cidadanía, e como gran novidade desta 28ª edición do Maio Cultural, debemos destacar a Ruta Rosaliana entre Santiago, Ames, Brión e Padrón e as visitas teatralizadas a cargo de Os Quinquilláns no adro da Igrexa de Bastavales, con Rosalía de Castro como protagonistas. Outro evento a ter en conta é a exposición de pintura do artista José María Barreiro, que poderá visitarse na Sala de Exposicións Municipal do 4 de maio ao 8 de xuño.

Un conxunto de actividades que se poden consultar na súa totalidade premendo na ligazón a pé de páxina, onde se atopa dispoñible toda a información sobre os/as destinatarios/as, datas, horarios e lugares de celebración.

Programación Maio Cultural 2018

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela