Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Viaxe dos maiores 2018
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Excursión dos maiores 2018, un cambio de rumbo que marca o camiño dos máis audaces

Infobrion.com

O concello de Brión está preparando unha nova viaxe para as persoas maiores do municipio. Unha actividade que en 2017 cumpriu 30 anos. Tres décadas de vida que serviron para acadar os principais obxectivos para os que esta actividade foi creada: promover a convivencia entre veciños e veciñas de todo o Concello; ofrecer ás persoas maiores a posibilidade de viaxar, cando ninguén se ocupaba aínda de cubrir esta necesidade; e impulsar historias propias con numerosas e memorables experiencias e anécdotas.

Coma na actualidade as persoas maiores dispoñen de outras ofertas para continuar viaxando por España con mellores medios, ofertados polo IMSERSO e as diferentes axencias privadas, o Concello de Brión propón á súa veciñanza un novo reto viaxeiro, organizando viaxes culturais para grupos fóra do país. A primeira proposta desta nova etapa vai ser Roma, a Cidade Eterna, un destino que todo o mundo debería visitar.

Unha viaxe que se realizará posiblemente en outono, e para que se ofertarán prazas en breve. Unha iniciativa que, dende o concello, esperan sexa do agrado da cidadanía; e de ser así, unha actividade na que os veciños e as veciñas de Brión seguirán marcando o camiño dos máis audaces.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela