O Concello de Brión prepara unha nova quenda de formación nas TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) destinada a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou perfeccionar o seu coñecemento en novas tecnoloxías.
Cada vez más útiles na vida cotiá e imprescindibles no eido laboral, o coñecemento das TIC resulta de gran valor á hora de sumar experiencia e coñecemento ao curriculum persoal. Por iso, o Telecentro de Comunicacións de Brión vai ofertar unha serie de cursos destinados a mellorar ou consolidar as competencias dos alumnos en ferramentas básicas da Informática. Trátase de accións formativas que tiveron gran demanda en cursos anteriores polo que se repiten nesta campaña:
-Iniciación á Informática (S.O. Windows)
-Traballo con textos e documentos (Microsoft Word)
-Traballo con números e cálculos (Microsoft Excel)
-Animacións e presentacións (Microsoft PowerPoint)
-Traballo con datos e información (Microsoft Access)
-Internet
O prezo dos cursos adaptarase, na medida do posible, a todos os petos, ofertando de balde algún deles, como é o caso do novo curso de Creación de Videoxogos , do que se pode atopar máis información na axenda de Infobrion.com.