Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  6  7  | Seg>
Separador
Apadriña unha árbore
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Campaña Campaña Apadriña unha árbore con O Esquio no Piñeiro

Casa da Cultura. Concello de Brión

O sábado 12 de febreiro a asociación cultural e medioambiental “O esquío no piñeiro” organizou unha actividade que, baixo a denominación “Apadriña unha árbore”, consistiu na plantación de castiñeiros no parque que queda ao lado do Campo de Fútbol Municipal, xunto á urbanización Lamas de Albariño.

A campaña reuniu a un grupo de persoas concienciadas coa defensa da natureza e a protección mediambiental, de idades variadas. Coa axuda das ferramentas axeitadas, que tiveron que traer cada un da súa casa, puxéronse mans á obra arredor das 17:30 h. A especie escollida para a repoboación foi o castiñeiro, árbore autóctona moi vinculada aos espazos naturais da nosa comarca.

Moitos dos participantes na actividade nunca antes plantaran unha árbore, aínda que esta circunstancia non foi impedimento para facelo de xeito correcto, pois en todo momento a proceso estivo supervisado por un membro da asociación que atesoura unha grande experiencia neste campo. Grazas as súas instrucións e consellos, a tarefa resultou moi doada.

Tras rematar, o grupo reuniuse para comentar a experiencia e degustar xuntos unha pequena merenda que axudou a recuperar folgos. Cada un dos participantes ten apadriñadas unha ou máis árbores que deberan coidar de agora en diante, seguindo a súa evolución e crecemento ao longo dos vindeiros anos. Unha herdanza da que presumirán no futuro e que gozaremos todos.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela