Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  | Seg>
Separador
Carballeira de Santa Minia
Saneamento da Carballeira de Santa Minia [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada Foros Relacionados
- Non hai

Saneamento da nosa Carballeira

Ana Valín

A Carballeira de Santa Minia constitúe un dos lugares máis destacados do Concello de Brión. A súa importancia radica fundamentalmente na súa ubicación, xunto ao Santuario onde se veneran os restos da Santa, que recibe cada ano na súa romaría a miles de persoas. O interese do Concello de Brión por conservar esta zona é prioritario, pois “este é un lugar que conxuga patrimonio natural, cultural e etnográfico”. Neste senso, e coa finalidade de mellorar o estado de conversación deste espazo único, o Concello acomete un proxecto para a construcción dunha nova área recreativa nas inmediacións da carballeira. A proposta, que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, inclúe tamén un estudo específico da masa arbórea, para evaluar e correxir o seu estado sanitario. O custo total desta iniciativa ascende a 89.747,82 euros. O alcalde brionés, José Luis García asinou o xoves 30 de novembro na Consellería un convenio de colaboración a este respecto co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández.

A nova área recreativa da carballeira situarase sobre unha parcela municipal de 1.286 metros cadrados. Neste perímetro darase acollida ao desenvolvemento de xogos populares como A Petanca ou A Chave. Este espazo público e ao aire libre será complementado cun alumeado público preciso, as obras e instalacións propias de saneamento, así como bancos de madeira e novo arbolado. O equipo de Obras do Concello xa traballa na reunión dos materiais necesarios.
O plano da área define tres estados ben diferenciados:
-Un primeiro que poderíamos chamar de acollida a todo tipo de xogos populares
-Un segundo a modo de “plataforma do lecer ou contemplativa” con bancos de madeira e pavimento urbano
-Un terceiro de transición entre o espazo lúdico e o vial de acceso -rúa de Gondar- executado con material de formigón prefabricado e amoldable ás circunstancias do terreo.
O arbolado escollido para este ámbito é o bidueiro, polo seu porte miúdo e a súa vocación de lixeireza e ingravidez.

EVALUACIÓN DO ESTADO SANITARIO DA CARBALLEIRA

O proxecto da Carballeira inclúe un apartado específico de protección e conservación do carballo como especie autóctona de Galicia. Neste senso preténdese evalúar o estado sanitario da masa arbórea, mediante a recollida de mostras; a realización dunha planimetría en detalle da zona, xunto cunha ficha descritiva de cada árbore; a proposta de actuacións correctoras e o mantemento dun estado vexetativo aceptable.

Como accións específicas realizaránse cortas de mellora para eliminar ramas mortas, mal formadas ou atacadas por calquer axente biótico ou abiótico e colocaranse postes de madeira para evitar que se amarre ou suxeite calquer obxecto ás arbores.

A presenza de Microsphaera alphitoides (tipo de fungo que ataca ás follas novas das árbores) será tratada con doses de azufre mollable.

A superficie total da carballeira é de pouco máis de media hectárea. Segundo os primeiros análises esta terra é atípicamente ácida e conta cunha fertilidade química lixeiramente superior aos valores normais. A isto únese a necesidade de mellorar os niveis de fósforo do solo.

Técnicos do grupo de investigación AF-4 da Escola de Enxeñeiros Técnicos Forestais da Universidade de Vigo, serán os encargados de dirixir as actuacións que se van levar a cabo na Carballeira. Ditas actuacións son o resultados dun proxecto de investigación e desenvolvemento que este equipo pon en marcha para frear o deterioro desta masa arbórea, segundo nos explica o seu director, Enrique Valero. “A carballeira é unha masa coetánea cunha antigüidade que oscila entre os 15 e os 250 anos”, explica.

Os obxectivos que se pretenden cubrir con esta medidas son en primeiro lugar a eliminación de pés mortos, que a parte de supor un perigo para as persoas ou edificios, son exemplares receptores de axentes patóxenos. O tratamento fitosanitario é a segunda das medidas que busca frear as enfermidades procedentes de fungos ou de inesctos xilófagos que afectan á carballeira.

Con posterioridade vanse executar outras dúas accións, a remoción do chan pé a pé do conxuntos de carballos e a sustición e plantación de exemplares novos. A primeira labor buscar romper a compactación da capa superficial do chan que impide a penetración do aire e en consecuencia o intercambio doutros gases e a aportación de calquer tipo de nutriente. Coa plantación se pretende lograr o rexuvenecimento da Carballeira evitando o perigo da súa conservación. “A zona sofre un pisoteo continuo e a pesar das labores de drenaxe realizadas hai algúns anos non se puido evitar a compactación”, comenta.

Carbe recordar que todas estas accións foron emprendidas por iniciativa da corporación municipal, coa colaboración do grupo de investigación do Departamento de Enxeñería de Recursos Naturais da Universidade de Vigo e financiada mediante acordo coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Valero manifestou que se determinaron dúas patoloxías. En primeiro lugar, a existencia de insectos xilófagos que requiren un tratamento fitosanitario adecuado. En segundo lugar, tamén se detectou unha importante presencia de fungos, o que fai necesaria unha completa aplicación de antifúngicos.


O CONVENIO CON MEDIO AMBIENTE

A consellería de Medio Ambiente investirá case 90.000 euros no acondicionamento dos espazos naturais do municipio de Brión. O proxecto inclúe concretamente a mellora do espazo singular da Carballeira de Santa Minia, en donde investirá 12.319 euros, e da área recreativa da mesma zona, por un importe de 77.478 euros.

A actuación permitirá realzar un dos espazos máis emblemáticos da provincia da Comunidade galega, escenario dunha importante romaría galega, a Santa Minia.

O proxecto levase adiante a través dun convenio que suscriben o conselleiro Manuel Vázquez e o noso alcalde José Luis García.

O obxectivo é segundo Medio Ambiente, permitir o disfrute da natureza da zona á vez que se construé un parque de educación medioambiental que coaxude a sensibilizar á pobocación da importancia do uso racional dos espazos naturais e da súa conservación

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela