| 07/09/2011 | O Telecentro de Brión prepara unha nova oferta formativa |
|---|---|
| 08/06/2011 | Celebrouse o VI Encontro coa Arte |
| 19/02/2011 | Campaña Campaña Apadriña unha árbore con O Esquio no Piñeiro |
| 20/10/2010 | O Concello de Brión lanza a súa oferta formativa para este Outono |
| 05/10/2010 | Entra en servizo o novo corredor entre Brión a Martelo |
| 02/08/2010 | Brión recibe aos amigos e amigas de Guillena |
| 12/03/2010 | Rutas de senderismo para abril e maio |
| 05/03/2010 | Nace BriónTV, un portal de vídeos sobre o concello |
| 05/03/2010 | A Biblioteca Municipal presenta a súa programación de actividades 2010 |
| 12/05/2009 | Feira do Libro de Brión 2009 |
| <Ant | 1 2 3 | Seg> |
O Concello de Brión, co patrocinio da Fundación Feiraco, acaba de convocar unha nova edición do certame de pintura Novos Valores. Nesta oitava convocatoria, os organizadores esperan repetir o éxito de participación acadada en edicións anteriores.
Os premios vanse repartir entre as dúas categorías do concurso, unha destinada a mozos de 14 a 17 anos e outra para maiores de 18. Na primeira categoría haberá un galardón de seiscentos euros e outro de catrocentos. As cantidades aumentan para os artistas maiores de idade, cun primeiro premio de 1.500 euros e outro de mil euros. En total está previsto repartir 3.500 euros entre os gañadores.
As catro obras gañadoras e unha selección de todas as que se presenten conformarán unha exposición que o Concello organizará na Sala de Exposicións da Casa da Cultura e que estará aberta do 17 de febreiro, data na que se coñecerá o fallo do xurado, ata o 16 de marzo de 2012.
O prazo de presentación das obras será dende o día 2 ata o 28 de xaneiro de 2012, no seguinte horario:
• luns a venres: 9 a 14 e 16 a 22 h. (Casa da Cultura/Biblioteca)
• sábados: de 10 a 14 h. (Biblioteca)
As obras poderán ser entregadas persoalmente ou ben remitilas polo medio de transporte que desexen, sempre baixo seu cargo e responsabilidade, no seguinte enderezo:
Casa da Cultura-Concello de Brión,
Carballeira de Santa Minia, nº 5,
Pedrouzos – 15865 Brión (A Coruña).
Teléfono: 981-50.99.08
e-mail: casacultura@concellodebrion.org
As bases do certame poden consultarse premendo na seguinte ligazón.