Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  | Seg>
Separador
XX Aniversario da Banda de Música de Brión
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

A gran familia da Banda de Música de Brión celebra o vixésimo aniversario da agrupación

Infobrion.com

A gran familia da Banda de Música de Brión reuniuse o domingo 23 de xullo para celebrar os vinte anos de vida desta agrupación musical, que dende 1997 está a representar a grande afección e amor pola música que existe en Brión dende sempre. Un proxecto que, a proposta de Leonardo López Bargo, tivo como primeiro director a Ricardo Noya Vidal, ao que tomou o relevo en 2005 Jorge Rey.

Coa Carballeira de Santa Minia como escenario, a agrupación sinfónica reuniu a moitos dos seus integrantes ao longo destes vinte anos de vida, músicos de todas as idades que participaron nun concerto especial para conmemorar esta efeméride tan significativa.

Un recital aberto a toda a veciñanza que comezou ás 12:00 h. e que se caracterizou por unha grande afluencia de público. Despois do espectáculo, arredor das 14:00 h., comezou un xantar de confraternidade no que participaron integrantes da agrupación musical e numerosos veciños que desexaron unirse á celebración.

Sen dubida, unha xornada festiva, aberta a toda a cidadanía, onde a gran familia da Banda de Música de Brión volveu tocar xunta. Grazas polo voso esforzo e compromiso a prol da música; parabéns e a cumprir vinte anos máis... cando menos.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela