Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Estamos no verán, con Xoán Curiel e Son+de2
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Música en vivo na Carballeira con Xoán Curiel e Son+de2

Infobrion.com

O venres 14 de xullo a Carballeira de Santa Minia vibrou coa música en directo de Xoán Curiel e a banda Son+de2 que presentaron en Brión o espectáculo "Estamos no verán". Un recital que parte do libro-disco do mesmo título, a cargo do músico e a escritora Charo Pita. Unha novela-CD que podes atopar na biblioteca municipal.

O concerto, dirixido a público infantil e familiar, comezou ás nove do serán e prolongouse pouco máis dunha hora, cunha afluencia de público máis que satisfactoria; sobretodo, tendo en conta as datas estivais nas que se celebrou, onde moitos veciños e veciñas se atopan de vacacións lonxe do concello. Más de 90 persoas, entre nenos e adultos, acudiron a esta entretida cita musical ao aire libre.

Cun guión marcado pola historia que Charo Pita narra no libro, o recital desenvolve, entre peza e peza musical, a historia dun grupo de amigos xusto cando o verán comeza. O seu máis grande soño é formar un grupo de música, entre todos vanno acadar.

Mesturando músicas animadas e letras pegadizas, Xoán Curiel e o seu grupo convidaron ao público asistente a participar no espectáculo, cantando e bailando coma un membro máis da agrupación.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela