Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Festival de Primavera 2016 da Magariños
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

XII Festival de Primavera 2016 da ESMU Magariños

Infobrion.com

Dende o luns 30 de maio e ata o venres 3 de xuño, a Escola Municipal de Música Magariños invita a toda a cidadanía a participar no XII Festival de Primavera 2016, una serie de seráns musicais con concertos a cargo do alumnado do centro de estudos musicais brionés.

O Festival correrá a cargo dos alumnos dos Niveis I, II e III tanto do PEX (Plan Educativo Xeral) como do PEA (Plan Educativo de Adultos). Os concertos celebraranse no salón multiusos do Centro Social Polivalente atendendo ao o seguinte calendario:

Concerto 1 | 30 de maio | 18:00 horas | alumnado de Música e movemento.

Concerto 2 | 31 de maio | 19:00 horas | alumnado de piano.

Concerto 3 | 1 de xuño | 20:00 horas | alumnado de vento-metal, saxofón, percusión, clarinete e gaita.

Concerto 4 | 2 de xuño | 20:00 horas | Agrupacións instrumentais e corais.

Concerto 5 | 3 de xuño | 20:00 horas | Banda de Música Magariños.

A entrada é de balde ata completar aforo.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela