Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
A Noite en Branco da Magariños
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

A Noite en Branco da Magariños achegará a mellor música a diversos espazos municipais

Infobrion.com

A Escola de Música Magariños do Concello de Brión celebra un ano máis a súa Noite en Branco, un serán musical moi especial composto por cinco recitais que terán lugar en diferentes espazos municipais. A Biblioteca Pública Municipal, as Aulas da Escola Municipal de Música Magariños, o Salón de Plenos do Concello, a Sala de Exposicións e o Salón de Actos do Centro Social Polivalente, serán os puntos de encontro coa mellor música interpretada polo alumnado desta avantaxada escola de música.

A actividade iniciarase ás 22:00 horas co Concerto "Lento" na aula 2 da Escola, con alumnos de piano e cámara. O último Concerto "Prestissimo" será ás 00:00 horas, coa participación da Banda de Música Municipal de Brión coma artistas invitados. Correrá a cargo dos alumnos dos Niveis II e III tanto do PEX (Plan Educativo Xeral) como do PEA (Plan Educativo de Adultos).

A entrada nos diferentes espazos para asistir aos recitais será de balde ata completar aforo. O intervalo entre o comezo dos diferentes concertos será aproximadamente de media hora.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela