Con moito entusiasmo seguiron os brioneses o recital da violonchelista Alejandra Díaz, unha artista formada en Galicia e que conta xa cunha dilatada formación a nivel internacional, que interpretou obras de Bach. O recital estivo organizado pola Escola Municipal de Música Magariños, a través do seu departamento de actividades extraescolares, e tivo lugar no Centro Social Polivalente de Pedrouzos (Brión).
Alejandra Díaz, que toca un violonchello Apostol Kaloferor fabricado en 1990 en Sofía (Bulgaria), interpretou a suite para violoncelo só número 2 en Re Maior de Johann Sebastian Bach e a suite para violonchello só nº 3 en Do Maior, tamén do compositor alemán.
Na actualidade, a violonchelista realiza o último curso de licenciatura na Guildhall School of Music and Drama baixo as ensinanzas de Oleg Kogan. Alejandra é unha das máis destacadas interpretes da súa xeración en Londres, onde colaborou con músicos de renome tales como Gordan Nikolich, Tim Hugh, Sir Colin Davis e James Gaffigan.
Alejandra Díaz iniciou a súa carreira musical en Galicia con Plamen Velev como profesor, anos despois logra o diploma como bolseira da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (EAEM) e colaborou con Real Filharmonúia de Galicia. En 2010, funda en Londres a orquestra de cámara de corda Só Artist Ensemble