Infobrion Correo Electrónico

Josefa Juncal, a pandeireteira de Bastavales.

Carlos Pintor e Dolores Tuñas.

Esta veciña do concello de Brión, comezou no mundo da música primeiro coa axuda dun veciño que tocaba o acordeón nas celebracións relixiosas na igrexa de Bastavales. Impulsada polo músico Manu Chao, actuou con diversos grupos musicais de destacado prestixio nacional e internacional. Josefa Juncal Barreiro naceu na aldea de Santaia, situada na parroquia de Gorgullos no concello de Tordoia o 20 de xullo de 1932. Cando cumpriu os dezaseis anos os seus pais foron a vivir á parroquia de Bastavales, no concello de Brión. A pesar de deixar de vivir en Tordoia, Josefa seguiu mantendo contacto co seu concello natal, e ía con frecuencia ás súas romarías. Josefa tivo os seus primeiros contactos coa música cando tiña dez anos. Foi da man dun veciño que tocaba o acordeón na Misa en Bastavales. Ademais de tocar o acordeón, tamén comezou a tocar a pandeireta e mais a cantar.

Josefa Juncal Barreiro naceu na aldea de Santaia, situada na parroquia de Gorgullos no concello de Tordoia o 20 de xullo de 1932. Cando cumpriu os dezaseis anos os seus pais foron a vivir á parroquia de Bastavales, no concello de Brión.

A pesar de deixar de vivir en Tordoia, Josefa seguiu mantendo contacto co seu concello natal, e ía con frecuencia ás súas romarías. Josefa tivo os seus primeiros contactos coa música cando tiña dez anos. Foi da man dun veciño que tocaba o acordeón na Misa en Bastavales. Ademais de tocar o acordeón, tamén comezou a tocar a pandeireta e mais a cantar.

Pódese dicir que Josefa foi unha muller autodidacta no mundo da música, contounos que ela tiña moitas habilidades para tocar certos instrumentos musicais e tamén para cantar. Recorda con moita ledicia a emoción que sentiu cando lle mercaron a súa primeira pandeireta.

Josefa colaborou en diversos programas de televisión, visitando distintos lugares da xeografía galega e compartiu escenario con distintos grupos de recoñecido prestixio tanto a nivel nacional como internacional. Entre eles están Cristina Pato, Susana Seivane, Fuxan os ventos e o grupo de música folk irlandés The Chieftains.

Esta veciña de Brión foi impulsada polo músico Manu Chao e viviu a súa mellor experiencia musical actuando con el no Festival Internacional de música en Francia. Tamén da súa man actuou en distintos concertos en Barcelona.

Na actualidade Josefa tivo a oportunidade de gravar unha película pero ela non aceptou xa que as súas fillas non podían acompañala, como o fixeran antes nas viaxes con motivo dos concertos.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela