Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  | Seg>
Separador
Vicente Gómez Vidal
Vicente Gómez ó carón da súa casa na aldea de Tour... [+]
Videos
- Non hai
Info Relacionada

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
06/02/2004 Os refráns de Vicente Gómez Vidal
Foros Relacionados
- Non hai

Vicente Gómez, veciño de Tourís de 89 anos lembra para InfoBrión a súa traxectoria vital

Yolanda García. InfoBrion.com

Este octoxenario do concello de Brión naceu o 8 de xullo de 1915. De ollos claros e cunha personalidade afable, cóntanos que ó longo da súa vida nunca tivo ningún problema de saúde e aínda na actualidade se desenvolve por si mesmo sen ningunha dificultade. Vive na aldea de Tourís que pertence á parroquia de Luaña no concello de Brión. Tourís é a súa aldea natal tal como tamén foi para o seu pai e o seu avó. A súa casa é coñecida por tódolos veciños pola casa de “Vicente de Tourís”. De neno foi á escola á aldea da Luaña ata os catorce anos. Recorda que o seu mestre era moi malo cos nenos, naqueles tempos pegábanlles por calquera motivo. Vicente non foi dos alumnos máis mal parados pero si unha irmá súa, nunha ocasión este profesor cun golpe rompeulle un dedo. Para ir á escola tiñan que andar un bo anaco polo medio do monte, tanto que chovese como nevase. Cando tiña vinteún anos tivo que facer o servicio militar, era o ano 1937 e coincidiulle coa Guerra Civil, na cal estivo de combatente tres anos. A este respecto ten moitas vivencias, máis malas que boas. Estivo a maioría do tempo nas provincias de Córdoba, Cádiz e Jaén. Entre as anécdotas que ten das súas vivencias como combatente na Guerra Civil, contounos que a velocidade do tren que os trasladaba dunha fronte a outra era similar á dunha persoa a media carreira.

Cando regresou da Guerra Civil seguiu a traballar na terra e nalgunhas ocasións de carpinteiro cuns parentes seus. Ao cumprir os vintesete anos casou coa que hoxe é a súa muller. Coñecíanse dende nenos xa que eran de aldeas moi próximas. Vicente e mais a súa esposa levan máis de sesenta anos casados e soamente se deixaron de ver cando tivo que facer o servicio militar e loitar na Guerra Civil. Tiveron doce fillos, dos cales varios emigraron a Francia e Barcelona. Vicente tamén estivo de emigrante no país galo, ía a traballar por tempadas para facer algúns cartos e poder incrementar os minguados ingresos que obtiña da práctica da agricultura en Brión.

No que se refire ós xogos, Vicente sente mágoa de que na actualidade os nenos non manteñan vivos algúns dos xogos de antano. Recorda o xogo dos botóns que consistía en facer un burato na terra e lanzar os botóns dende unha certa distancia. O que conseguía meter o botón no burato levábaos todos. Vicente recorda que para xogar sacábanlles os botóns ós pantalóns e mais as chaquetas. Outro dos que recorda é o da pincha ou estornela. Este consiste en bater cunha vara a outro pao máis pequeno, duns cincuenta centímetros e afiado polas puntas, o que máis lonxe o lanzara era o gañador.

Preguntámoslle a Vivente se sentía morriña dalgunha cousa pasada e este contestounos que o único do que sentía mágoa era non poder volver recuperar a xuventude.

Yolanda García. InfoBrion.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela