Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Viaxe dos maiores
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Adianto informativo sobre a Viaxe dos maiores 2012

Casa da Cultura. Concello de Brión

O Concello de Brión está a organizar unha nova viaxe dos maiores para o ano 2012. A excursión, que ten como destino Marbella e Torremolinos, está previsto que se realice entre a segunda e a cuarta semana do mes de marzo.

O pasaxe incluiría a viaxe ida e volta en autobús e todos os traslados, 6 días con aloxamento en pensión completa e todas as excursións: Málaga, Mijas, Granada, … ; cun prezo aproximado que non superaría os 430 € por persoa.

Esta actividade está dirixida a veciños do concello maiores de 55 anos e aos seus cónxuxes A inscrición anunciarase no seu momento a través de bandos, o portal web de Brión e esta páxina.

O concello fai este adianto informativo ante as numerosas consultas recibidas en relación á organización da excursión para Maiores de 2012, mostra do gran interese que esta actividade esperta entre a veciñanza.

Ligazón co bando publicado en www.concellodebrion.org

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela