| 19/02/2013 | Festa de Entroido en Brión 2013 |
|---|---|
| 01/02/2013 | Entroido 2013 |
| 10/01/2013 | Multitudinario recibimento en Brión ás SS.MM. os Reis Magos |
| 08/01/2013 | Gañadores do concurso de Tarxetas de Nadal 2012 |
| 04/01/2013 | Cabalgata de Reis 2013 |
| 21/12/2012 | Os Reais Paxes visitaron os centros educativos de Brión |
| 05/12/2012 | Nadal 2012, Felices festas! |
| 01/12/2012 | Castañas e chocolate con churros no Magosto brionés |
| 09/11/2012 | Magosto 2012 |
| 01/10/2012 | Celebrouse un ano máis a Romaría de Santa Minia |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
O mundo do cabalo ten moita presencia no Concello de Brión. Sabedores desta realidade, Infobrion decidiu realizar ó longo destes anos unha serie de fichas e reportaxes gráficos relacionados coa hípica no Concello de Brión. Desexamos que todo este esforzo conxunto achegue e aumente o interese e a paixón polo cabalo entre tódolos veciños e veciñas de Brión e Galicia. InfoBrion recolleu material fotográfico e de video dixital para difundir o evento a través de Internet. Pódense ver imaxes das diferentes carreiras tomadas a modo de anacos da realidade que amosan a singularidade e interese popular polo mundo do cabalo, amais de testemuñas en formato dixital sobre a dureza e forza que trasmite a competición de carreiras nas súas diferentes modalidades, de pura sangre ou raza do país. Un ano máis Brión acolleu a celebración da popular Festa do Cabalo no xa clásico recinto hípico do Monte de Rañalonga. Miles de curiosos, afeccionados da hípíca e familias enteiras interesadas no evento acudiron durante o segundo fin de semana de setembro a Brión para disfrutar de exhibicións, carreiras, saltos... etc. e dunha xornada de convivencia popular arredor do interesante mundo do cabalo. Salientar a exitosa organización que un ano máis e con moito esforzo e ilusión, foron quenes de manter viva unha tradición importante do Concello de Brión. A Festa do Cabalo convértese nun lugar de encontro de empresas, como as hípicas da comarca, asociacións de amigos do cabalo, e en xeral de todas aquelas persoas con interese nese mundo que cada vez son máis en Brión.
InfoBrion, nesta edición e anteriores, recolleu material fotográfico e de video dixital para difundir o evento a través de Internet. Pódense ver imaxes das diferentes carreiras tomadas a modo de anacos da realidade que amosan a singularidade e interese popular polo mundo do cabalo, amais de testemuñas en formato dixital sobre a dureza e forza que trasmite a competición de carreiras nas súas diferentes modalidades, de pura sangre ou raza do país.
Outra festa moi destacada en Galicia, relacionada co mundo do cabalo, localízase en Sabucedo, no Concello de A Estrada, coincidindo coa celebración da Festa da Rapa das Bestas.