Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 1  2  | Seg>
Separador
Entroido 2019
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Celebrouse a gran festa do Entroido brionés

Infobrion.com

Don Carnal permaneceu en Brión unha semana máis, coa escusa de celebrar unha das festas de Entroido máis populares da comarca. Un evento que tivo lugar o domingo 10 de marzo e pechou, por este ano, ás celebracións do carnaval na bisbarra.

O desfile comezou pasadas as 16:30 h. A comitiva partiu da Carballeira de Santa Minia e dirixiuse polas rúas de Pedrouzos ata instalacións do pavillón polideportivo municipal, onde se celebrou o concurso e posterior festa de disfraces.

O máis destacado da edición deste ano foi a gran participación, con máis de 500 persoas inscritas, especialmente na categoría de comparsas, onde se presentaron nada máis e nada menos que catorce agrupacións. Asemade, a asistencia de público foi tamén significativa, continuando coa progresión á alza iniciada en edicións anteriores; persoas de todas as idades abarrotaron as instalacións polideportivas para gozar da festa do Entroido brionés.

O espectáculo comezou pasadas as 17:30 h. e prolongouse durante aproximadamente dúas horas. Os concursantes foron desfilando por orde de inscrición e categoría, empezando os disfraces individuais da categoría infantil e rematando as comparsas. A continuación iniciouse o gran baile de disfraces, amenizado polo espectáculo musical da orquestra "Gran Parada", cos seus intérpretes oportunamente disfrazados para a ocasión.

Mentres soaba a música no pavillón e se iniciaba a sesión de baile, os membros do xurado retiráronse a deliberar. Nas súas mans recaeu, unha vez máis, a nada doada encomenda de escoller aos considerados mellores disfraces de cada categoría. Nesta ocasión, dispuxeron de varios accésits para repartir entre os participantes, ao quedar desertas algunhas das categorías do concurso. Acadado o consenso no veredicto, o xurado acordou conceder os seguintes premios:

MODALIDADE INFANTIL INDIVIDUAL (ata 11 anos):

1º Premio (vale por 50 Euros en mat. didáctico):
SANDRA HERMO BLANCO: FANTASIA LA REINA DE CORAZONES

MODALIDADE INFANTIL PARELLAS (ata 11 anos):

1º Premio (vale por 70 E en mat. didáctico):
PABLO SANDE LÓPEZ E ASIER CRISMAN QUINTELA: BOLAS DE DRAGÓN SONGOKU E VEXETA (AMES-BRIÓN)

2º Premio (vale por 60 E en mat. didáctico):
AINARA E MANUEL CALO GORGAL: OS LORIÑOS (NEGREIRA)

3º Premio (vale por 50 E en mat. didáctico):
GABRIELA E FRANCISCO LÓPEZ ABREGO: YOSHI E MARIO (AMES)


MODALIDADE ADULTOS INDIVIDUAL (+ 18 anos):

1º Premio (100 E):
Mª CARMEN PÉREZ LAPIDO: AVESTRUZ REVOLTOSA (PADRÓN)

2º Premio (70 E):
RUBÉN GÓMEZ ROMERO: MARIPOSA DE JARDÍN (NOIA)

3º Premio (40 E):
CARLA REBOREDO PÉREZ: WAMPA (PADRÓN)

MODALIDADE ADULTOS PARELLAS:

1° Premio (140 E):
JULIO GIL HERMO E LORENA CERQUEIRA PERÉZ: DRAGÓNS E MAZMORRAS (VALGA)

MODALIDADE GRUPO INFANTIL/XUVENIL:

1º Premio (140 E):
PARADISAE. AVES DO PARAISO (OROSO)

2º Premio (100 E):
ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS (AMES)

3º Premio (70 E):
PEQUE CIRCO (ROIS)

Accésit (50 E): ASTERIX, OBELIX E CLEOPATRA (BRIÓN)
Accésit (50 E): LAS RANAS BAILARINAS (BRIÓN)


MODALIDADE GRUPO ADULTOS:

1º Premio (180 E):
ALACRÁNS DOURADOS (SANTIAGO)

MODALIDADE COMPARSA:

1º Premio (260 E): OS RUSOS DE BRIÓN
2° Premio (225 E): FANTASIA NA FRAGA (OROSO)
3º Premio (175 E): O GRAN CIRCO DE ASOCIACIÓN A RULIÑA (LARAÑO)
4º Premio (150 E): RATIBOOM, NIN RATA NIN RATO (BRIÓN)
5º Premio (100 E): TRIBO MASSAI DE PEDROUZOS (BRIÓN)

1º Accésit (65 E): GA-LEGOS (TEO)
2º Accésit (65 E): AS CAROLINAS VAN DE ROMARÍA (LIÑAIO)
3º Accésit (65 E): MASCARAS TIKI (TEO)
4º Accésit (65 E): MERAKI (SANTIAGO )
5º Accésit (65 E): O LONXANO OESTE LUAÑES (BRIÓN)
6º Accésit (65 E): COMPARSA HAI QUE VIVILO: VODORRIO EN HAWAI
7º Accésit (65 E): INDIOS DAS NEVES (OROSO)
8º Accésit (65 E): DANZAYA EN EGIPTO (AMES-BRIÓN)
9º Accésit (65 E): HABELAS HAILAS (BRIÓN)
10º Accésit (65 E): A SANTA COMPAÑA (AMES)

Unha vez finalizada a entrega de galardóns, sen dúbida o momento máis emocionante da xornada, iniciouse o baile de disfraces ao son da orquestra "Gran Parada" que coa súa música pechou unha xornada de intensa diversión que puxo punto e final por este anos á celebración do Entroido na comarca.

Grazas a todas e todos por participar e parabéns ás gañadoras e aos gañadores.

Galerías de imaxes do Entroido 2019 en Brión

Imaxes do desfile e concurso

Imaxes das premiadas e dos premiados

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela