Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Entroido en Brión 2018
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Entroido 2018 en Brión

Infobrion.com

En escasas semanas, Don Carnal regresa a Brión para dar inicio ás tan esperadas celebracións do Entroido. Unha tradición que neste municipio se prolongará unha semana máis, concretamente ata o domingo 18 de febreiro, data na que se celebrará a gran festa do Entroido cun desfile e un concurso e baile de disfraces.

Como ven sendo habitual, o evento iniciarase ás 16:30 h. na Carballeira de Santa Minia, lugar dende o que todos os participantes desfilarán cara ao pavillón polideportivo municipal, acompañados pola música da charanga Os Celtas. No caso de choiva, ou outro fenómeno atmosférico adverso, os concursantes concentraranse directamente nas mencionadas instalacións deportivas. En calquera caso, deberán presentarse na Carballeira de Santa Minia unha hora e media antes do desfile para recoller os seus dorsais.

No pavillón celebrarase o habitual concurso de disfraces. Nada mais finalice, a orquestra CAPITOL amenizará coa súa música o tradicional baile, que se prolongará ata ben entrado o serán. Nun descanso do grupo musical, anunciarase o veredicto do xurado, que premiará nas diferentes categorías as consideradas como mellores propostas do Entroido deste ano.

Lembra que para participar no concurso debes inscribirte dende o 1 ao 15 de febreiro na Casa da Cultura de Brión, ou chamando ao teléfono 981 50 99 08. O horario de atención ao público é de 09:00 a 14:00 h., de luns a venres. MOI IMPORTANTE: NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓN NO MESMO DÍA. Podes consultar as bases premendo nesta ligazón.Aquí, tamén poderás descargar a documentación necesaria para formalizar a inscrición.

O Entroido de Brión 2018 convídate a participar no evento festivo que pecha as celebracións na comarca. Con disfrace ou sen el, non perdas a oportunidade de divertirte antes de que Don Carnal abandone as nosas rúas ata o vindeiro ano.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela