Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Nadal 2017 en Brión
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Nadal 2017: programación especial do Concello de Brión

Infobrion.com

As festas de Nadal están cada vez máis próximas. Emporiso, o Concello de Brión ven de presentar unha programación especial para estas datas tan sinaladas, con actividades pensadas para toda a familia onde destacan a música, o teatro ou os monicreques. Tampouco faltarán á súa cita o tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal ou a Cabalgata de Reis.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES:

- 1 DE DECEMBRO: II Festival de Curtas de Brión. Na Sala de exposición municipal ás 20:00 h. Entrada de balde ata completar aforo.

- 2 DE DECEMBRO: Grupo Municipal de Teatro de Ames , presenta ?O Enmeigado. Traxedia en terras do Salnés?, ás 20:30 h. no Centro Social Polivalente. Maiores de 13 anos. Entrada de balde ata completar aforo.

- 15 DE DECEMBRO: Oviravai "As andanzas de Paio" ás 19 h. Centro Social Polivalente. Público familiar. Entrada de balde.

- 16 DE DECEMBRO: Teatro Volta e Dálle "Dura-Lex" ás 20:30 h. Centro Social Polivalente. Maiores de 13 anos. Entrada de balde ata completar aforo.

- XXVII CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
Recollida de tarxetas ata o día 21 de decembro

- VISITA DOS REAIS PAXES
O xoves 21 de decembro os paxes reais visitarán as escolas do concello para recoller as cartas para os Reis Magos.

- VI CONCERTO DE NADAL ESMU MAGARIÑOS
Xoves 21 de decembro no Centro Social Polivalente ás 18:30 horas. Acceso de balde ata completar aforo.

- XXII FESTIVAL DE TÍTERES
Centro Social Polivalente ás 17:30 h. Público Familiar.

Xoves 28 de decembro
CHACHAKÜN (Arxentina)
"El Investigatopo" A partir de 3 anos

Venres 29 de decembro
TRES TIGRES TEATRO (Arxentina):
"Serenatas embichadas". A partir de 3 anos

Martes 2 de xaneiro
TÍTERES CACHIRULO (Galicia):
"Novas aventuras do Apalpador". A partir de 3 anos

Mércores 3 de xaneiro
TRES TIGRES TEATRO (Arxentina):
"Los sueños de Trucas". Todos os públicos

- CABALGATA DE REIS
Día 5 de xaneiro no Pavillón Polideportivo de Brión, a partir das 17 h.

Ademais das mencionadas actividades, o Concello de Brión organiza unha vez máis os Obradoiros de Nadal. Máis información na seguinte ligazón.

Felices festas a todas e todos!

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela