| 11/09/2012 | XXX Festa do Cabalo de Brión |
|---|---|
| 11/09/2012 | Romaría de Santa Mina 2012 |
| 22/06/2012 | Santa Minia quere ser festa de interese turístico de Galicia |
| 27/02/2012 | Celebrouse o tradicional concurso e festa de disfraces do Entroido brionés |
| 02/02/2012 | Entroido 2012 en Brión |
| 02/12/2011 | Nadal 2011: Felices festas! |
| 28/10/2011 | Magosto 2011 |
| 29/09/2011 | Santa Minia 2011 recibe a 35000 romeiros |
| 19/09/2011 | Celebrouse unha nova edición da Festa do Cabalo de Brión |
| 02/09/2011 | XXIX Festa do Cabalo de Brión |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
O Entroido prolóngase en Brión unha semana máis, unha excelente escusa para non gardar os disfraces o Mércores de Cinza e despedir a Don Carnal nunha festa que ano tras ano ten máis seguidores. A pesar do mal tempo, que obrigou a suspender o tradicional desfile, o domingo 17 de febreiro moitos veciños e visitantes acudiron ata o pavillón municipal para asistir ao concurso e posterior baile de disfraces organizado polo Concello de Brión.
Pasadas as 17:00 h. comezou oconcurso de disfraces, que contou unha vez máis coa animación do coñecido presentador de radio e televisión Moncho Lemos. Os encargados de iniciar o espectáculo foron os máis cativos, os nenos e nenas que se presentaron na modalidade infantil, ata 11 anos de idade. A continuación desfilaron os integrantes da categoría xuvenil e adultos individual e parellas, que deron paso aos grupos, comparsas e, por último, ás carrozas.
Tralo remate do concurso, mentres o xurado se retiraba a deliberar, a orquestra Capitol animou o baile de disfraces, que se prolongou durante aproximadamente hora e media, tempo no que o xurado acordou conceder os seguintes premios:
MODALIDADE INFANTIL (ata 11 anos)
1º Premio (vale por 50 € en mat. didáctico): Martín Peteiro Vila “Michael Jackson”
2º Premio (vale por 40 € en mat. didáctico): Mario Cordo Nieto “A esfolla máis sexy da comarca”
3º Premio (vale por 20 € en mat. didáctico): Alberte López Freire “O Silfo, espírito do bosque”
Vales de 6 € para o resto dos participantes da categoría infantil.
MODALIDADE XUVENIL (12-17 anos)
1º Premio (vale por 55 € en mat. didáctico): Pedro Gronzo Aniceto “Un payaso especial”
MODALIDADE ADULTOS INDIVIDUAL(+ 18 anos)
1º Premio (100 €): Juan Carlos Almofrey Míguez “O dulce mariposón”
2º Premio (75 €): Jéssica Rodríguez Piñeiro “A dama das piñas”
MODALIDADE PARELLAS
1º Premio (150 €): Mari Carou Iglesias (e acompañante) “Preparando un xantar de Entroido”
2º Premio (100 €): Rocío María Ferreiro Losa (e acompañante) “Hadascoles”
MODALIDADE GRUPO
1º Premio (200 €): “Alicia no País das Marabillas”
2º Premio (150 €): “Bañeras espumosas”
3º Premio (100 €): “Stylish People”
MODALIDADE COMPARSA
1º Premio (300 €): “El Pollito”
2º Premio (200 €): “Tetris made in Brión”
3º Premio (150 €): “Guisandufos”
MODALIDADE CARROZA
1º Premio (200 €): “Os Pavos Reais”
2º Premio (150 €): “Chafarís”
3º Premio (100 €): “A granxa do pío, pío”
Trala entrega de galardóns, sen dúbida o momento máis emocionante da xornada, o baile de disfraces continuou ao son da orquestra Capitol, que coa súa música pechou un día de intensa diversión, que puxo punto e final por este anos á celebración do Entroido na comarca.
Grazas a todos por participar e parabéns aos gañadores.
Galería de imaxes do Entroido