Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Magosto 2017
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Brión vai celebrar unha nova edición do seu tradicional Magosto

Infobrion.com

O venres 17 de novembro Brión celebrará a súa tradicional festa do Magosto. Unha vez máis, o recendo a castañas, chocolate e churros invadirá a Carballeira de Santa Minia. Unha celebración que regresa acompañada dun obradoiro de xogos populares e da mellor música tradicional.

O serán festivo iniciarase ás 17:30 h. na Praza do Concello con "Os Biosbardos", un obradoiro de xogos e enredos tradicionais que se prolongará ata as 19:00 h. A partir de entón, a Carballeira de Santa Minia, que contará cunha carpa habilitada para a ocasión, acollerá un magosto onde non van faltar as castañas, o chocolate e os churros, que se ofrecerán de balde a todos os asistentes. Os sabores de sempre acompañados da mellor música a cargo das Escolas de Música e Baile Tradicionais de Brión.

Todos estamos convidados, non te esquezas de asistir á celebración máis esperada deste outono.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela