Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Santa Minia 2017
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Santa Minia 2017: catro xornadas festivas que non defraudaron

Infobrion.com

Rematou a Romaría de Santa Minia 2017, unha das celebracións populares máis esperadas da bisbarra compostelá. Ata Brión, e procedentes de toda Galicia, achegáronse milleiros de romeiros que participaron de catro días de festa onde a devoción relixiosa e a celebración profana conviviron.

Porque Santa Minia sabe unir ámbalas vertentes nunha romaría única, onde a música e a danza, os espectáculos de animación na rúa e a gastronomía tradicional enchen a Carballeira que leva o nome da Mártir cos sons e os recendos típicos das festas populares da nosa terra.

O polbo, o churrasco, a carne ao caldeiro, as rosquillas... foron os protagonistas gastronómicos, xunto coa música tradicional e de verbena, o teatro de rúa e a maxia. Unha combinación que xornada tras xornada serviu de reclamo para numerosos asistentes que participaron nos diferentes eventos e espectáculos celebrados dende o domingo 24 ata o mércores 27 de setembro, día de Santa Minia.

A todos estes atractivos, Santa Minia suma os case 200 postos repartidos polas rúas e carballeira brionesas, onde as numerosas atraccións de feira conquistaron ao público infantil e adulto. Uns asistentes que se contaron por milleiros, e que chegaron a Brión en coche ou autobús. Para recibilos, o GRUMIR, a Policía Local e a Guardía Civil orquestraron un amplo despregue loxístico e de seguridade, con numerosos aparcadoiros situados nas inmediacións da romaría.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela