Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Visita das SS.MM. os Reis Magos
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Brión recibiu ás SS.MM. os Reis Magos de Oriente

Infobrion.com

Na tarde do xoves 5 de xaneiro, as SS.MM. os Reis Magos de Oriente recibiron no pavillón polideportivo municipal unha cariñosa e multitudinaria benvida por parte das autoridades e veciños do Concello de Brión. A recepción oficial dos monarcas comezou ás 17:00 h. e prolongouse ata ben entrado o serán. Cabe destacar a gran participación cidadá, coa numerosa presenza de nenos e nenas de todas as idades acompañados polos seus pais e familiares.

En representación da veciñanza, foi José Luís García, alcalde de Brión, o encargado de pronunciar o discurso de benvida diante de tan ilustres visitantes. De seguido, tras as palabras do señor alcalde, o rei Melchor dirixiuse ao auditorio para falar en nome das Súas Maxestades de Oriente. O monarca transmitiu agradecemento polo cordial recibimento e pediu moita solidariedade e xenerosidade cos demais, especialmente coas persoas máis necesitadas de axuda e apoio.

De novo, tivo moi presentes aos nenos e nenas que sofren dificultades en diversos lugares do mundo: "A súa maior esperanza é a vosa solidariedade", dixo. Tamén pediu ás mamás e aos papás que "sexan responsables co planeta e o medio ambiente, dando exemplo acotío dun consumo sostible que non ameace o benestar das actuais e vindeiras xeracións. Porque o futuro da humanidade depende do respecto pola natureza; unha actitude que todas e todos debemos adoptar, esixindo aos políticos que cumpran os compromisos adquiridos para frear e reverter os efectos do cambio climático".

A continuación, Melchor, Gaspar e Baltasar ocuparon cadanseu trono, onde rebordaron simpatía e amabilidade para con todos os nenos e adultos que quixeron coñecelos en persoa. Non faltaron xoguetes e lambetadas, que os paxes reais axudaron a repartir entre os numerosos meniños que se achegaron a carón das súas maxestades de Oriente.

Unha vez mais queremos destacar e agradecer, en nome da organización, a altísima participación cidadá neste tradicional evento. Unha destacada concorrencia, non so conformada por veciños de Brión, senón tamén por público procedente de concellos limítrofes.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela