Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Cabalgata de Reis 2016
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Cabalgata de Reis 2017

Infobrion.com

Na madrugada do día 6 de xaneiro ás SS.MM. os Reis Magos de Oriente espéralles un arduo traballo. Mentres nenos e maiores dormen, Melchor, Gaspar e Baltasar esforzaranse para repartir os presentes cos que van ser agasallados os fogares do concello. Un duro labor que consideran amplamente recompensado coa ilusión e a ledicia que en nenos e maiores esperta esta data tan sinalada.

Pero antes, seguindo a tradición, non faltarán á súa cita cos veciños e visitantes de Brión no Pavillón Municipal Polideportivo. As SS.MM. os Reis Magos chegarán a Brión o día 5 de xaneiro ás 17:00 h. Nas mencionadas instalacións municipais serán recibidos polas autoridades locais, que como a ocasión o merece, daranlle a benvida oficial nun acto ao que están convidados todos os veciños de Brión.

Non faltará o tradicional Belén vivente, onde o Meniño Xesús recibirá a ofrenda dos monarcas chegados de Oriente. Para rematar, todos os nenos e nenas poderán coñecer persoalmente as Súas Maxestades que, como é costume, lles teñen preparada unha sorpresa.

Ata entón, felices festas e venturoso Aninovo!

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela