Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Magosto 2016
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Centos de veciños e veciñas participaron no Magosto brionés

Concello de Brión - Infobrion.com

O Concello de Brión, en colaboración coa asociación de mulleres Xuntanza, celebrou no serán do venres, día 25 de novembro, o seu tradicional magosto e "chocolatada", que comezou ás sete da tarde e se estendeu ata ben entrada a noite. Durante ese tempo, preto dun milleiro de veciños e veciñas foron pasando pola carpa instalada na carballeira de Santa Minia. A afluencia foi tal que, nos momentos de maior asistencia, todos os aparcadoiros habilitados da contorna quedaron cubertos e mesmo houbo que aparcar a máis dun quilómetro da carballeira.

O tempo acompañou e durante a festa degustáronse algo máis de 180 quilos de castañas asadas, 150 litros de chocolate quente e varios milleiros de churros, que axudaron a quentar o corpo nunha noite fría. A música e o baile correu a cargo dos integrantes da Escola Municipal de Música e Baile Tradicional de Brión, que foron actuando por distintos lugares da carballeira. A maiores, había instalada unha "pulpería", onde non foron poucos os que aproveitaron tamén para cear (iso si, nestes casos pola súa conta).

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela