Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Romaría de Santa Minia 2016
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Celebrouse unha nova edición da Romaría de Santa Minia

Infobrion.com

A Romaría de Santa Minia, unha das festas máis populares da bisbarra, celebrouse en Brión os días 25, 26 e 27 de setembro. Milleiros de romeiros, chegados dende distintos puntos de Galicia, visitaron o santuario da nena mártir, situado á carón da carballeira que leva o seu nome. A devoción relixiosa dos visitantes traduciuse en longas ringleiras de fieis á entrada da capela, nunha paciente espera para realizar a súa ofrenda á santa.

O programa de festexos, que comezou o domingo e prolongouse ata o martes 27 de setembro día grande da romaría, tivo como protagonistas a música das orquestras, banda municipal, charangas e agrupacións tradicionais; así como diversos espectáculos de animación na rúa para todos os públicos.

Outro tradición fortemente vinculada a esta popular romaría é a gastronómica, que se materializou nos numerosos comensais que acudiron a degustar o polbo nas cinco "pulperías" instaladas para a ocasión nas inmediacións da carballeira. Un ritual que se repite ano tras ano, do mesmo xeito que a tradición de levar para a casa as rosquiñas da santa. Un produto típico que puido comprarse nalgúns dos máis de 150 postos de venta que se instalaron nas rúas de Brión, e que constitúen outro dos atractivos desta festa.

Dende primeira hora da mañá, especialmente o martes, os autobuses achegaron numerosos visitantes que acudiron para cumprir co ritual. Pero os máis chegaron nos seus propios vehículos, que puideron estacionar de balde nalgúns dos aparcadoiros públicos habilitados para a ocasión.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela