Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Romaría de Santa Minia 2016
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Romaría de Santa Minia 2016

Infobrion.com

A romaría más popular da comarca regresa a Brión os días 25, 26 e 27 de setembro, datas nas que se espera que milleiros de visitantes se acheguen á carballeira que leva o nome da Santa mártir para participar na celebración da Romaría de Santa Minia 2016.

Tres xornadas festivas na que a devoción relixiosa se mestura co ambiente lúdico dunha celebración centenaria onde non faltarán as cerimonias litúrxicas, a música e o baile e, como non, a mellor gastronomía galega. Porque Santa Minia ten infinidade de atractivos, que este ano regresan por triplicado.

::PROGRAMA::


DOMINDO 25 DE SETEMBRO

-13:00 h. CHARANGA NOROESTE

-17:00 h. MAGÍN BLANCO E A BANDA DAS APERTAS.
Espectáculo musical para toda a familia.

-18:00 h. BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BRIÓN. Actuará na Praza do Concello.

-19:30 h. CHARANGA NOROESTE

-22:30 h. ORQUESTRA PASSARELA

-24:00 h. RUTH CUNDÍNS. Actuación especial - recanteira de Terras de Compostela no programa "Luar" da TVG.


LUNS 26 DE SETEMBRO

-13:00 h. CHARANGA MEKÁNIKA

-17:30 h. OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS 1. Compañía de clown. Presenta o espectáculo: "Dous pallasos en máis apuros"

-19:00 h. CHARANGA MEKÁNIKA

-20:00 h. TRÓPICO DE GRELOS. Percusión afrobrasileira.

-21:30 h. CHARANGA MEKÁNICA

-22:30 h. ORQUESTRAS RITMO JÓVEN E CICLÓN

-00:00 h. FOGOS DE ARTIFICIO E QUEIMA DA FACHADA


MARTES 27 DE SETEMBRO

-10:00 h. CHARANGA OS CELTAS

-12:00 h. A.C. ROSALÍA DE CASTRO DE PADRÓN. Grupo de gaitas.

-14:00 h. SESIÓN VERMÚ COA ORQUESTRA ABANICO

-16:00 h. CHARANGA OS CELTAS

-17:30 h. TRÍO REFUGALLO. Música de rúa. Presenta o espectáculo "Ritmo refugallo"

-19:30 h. ESCOLAS DE BAILE E PANDEIRETA DO CONCELLO DE BRIÓN. Actuación na Praza do Concello

-20:00 h. CHARANGA MEKÁNICA

-20:30 h. ORQUESTRAS ABANICO E D'MODA


::HORARIO DE MISAS::

NOVENA
Do 17 ao 25 de Setembro, tódolos días ás 19:45 h.
Domingo 18 ás 12:00 h.
Domingo 25 ás 12:00 h. e ás 19:00 h.

DÍA 26 [VÉSPERA]
Mañá: 9:00 | 12:00 h.
Tarde: 18:00 | 19:00 | 20:00 h.

DÍA 27 [SANTA MINIA]
Mañá: 9:00 | 10:00 | 11:00 | 12:00 | 13:00 h. [Solemne]
Tarde: 17:00 | 18:00 | 19:00 | 20:00 h.

OUTRAS DATAS
Domingo 2 de Outubro: 9:00 | 12:30 | 19:00 h.
Domingo 9 de outubro: 9:00 | 12:30 h.

RESTO DO ANO
Domingos e festivos durante o ano: 12:00 h.

Coma de costume, o concello poñerá a disposición dos visitantes áreas de aparcadoiro gratuítas. Dende o Concello de Brión quérese facer especial fincapé en que o aparcadoiro é totalmente de balde, unha advertencia para que ningún visitante se deixe enganar pola "picaresca" dalgunhas persoas que se aproveitaron dalgúns romeiros para cobrarlles un alugamento por estacionar o seu vehículo.

Os autobuses deberán facer transbordo xunto ao Centro Social Polivalente, xa que a avenida de Santa Minia permanecerá cortada ao tráfico durante o luns e martes, un corte que xustifican polos máis de 200 postos de venda que ocuparán as dúas marxes da avenida. Os veciños residentes non terán problemas en acceder aos garaxes, pois repartiranse pases especiais para que cheguen sen problema aos seus fogares.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela