| 19/02/2013 | Festa de Entroido en Brión 2013 |
|---|---|
| 01/02/2013 | Entroido 2013 |
| 10/01/2013 | Multitudinario recibimento en Brión ás SS.MM. os Reis Magos |
| 08/01/2013 | Gañadores do concurso de Tarxetas de Nadal 2012 |
| 04/01/2013 | Cabalgata de Reis 2013 |
| 21/12/2012 | Os Reais Paxes visitaron os centros educativos de Brión |
| 05/12/2012 | Nadal 2012, Felices festas! |
| 01/12/2012 | Castañas e chocolate con churros no Magosto brionés |
| 09/11/2012 | Magosto 2012 |
| 01/10/2012 | Celebrouse un ano máis a Romaría de Santa Minia |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
A festa do magosto acode puntual a súa cita cos veciño de Brión. O venres 25 de novembro, a partires das 19:00 horas, a Carballeira de Santa Minia encherase do arrecendo das ricas castañas, o chocolate e os saborosos churros, manxares aos que todos os asistentes estarán convidados.
Pero antes, dende as 17:30 horas, os máis pequenos poderán gozar cun divertido espectáculo de animación a cargo de A Loca-Motora teatro que traerán a Brión o seu “Tenderete da cachifallada”, repleto de incribles historias.
Ao comezar o serán iniciarase o magosto, que estará amenizado polos membros de "Vai de Roda" Asociación de música e baile tradicional de Rianxo, que animarán a festa co seu repertorio de música e danza.
Como ven sendo habitual,tamén haberá unha “pulpería” e transporte para os veciños que queiran utilizalo. Este último será de balde, pero os interesados deberán solicitalo previamente chamando ao Tfno.: 981 88 70 06 para reservar praza, antes do 23 de novembro.