Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
XXIX Festa do Cabalo
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
02/09/2011 Comeza a Romaría de Santa Minia 2011 Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
16/09/2010 XXVIII Festa do Cabalo en Brión
Foros Relacionados
- Non hai

Celebrouse unha nova edición da Festa do Cabalo de Brión

Casa da Cultura. Concello de Brión

Os días 17 e 18 de setembro celebrouse a XXIX edición da Festa do Cabalo de Brión que reuniu nos montes de Rañalonga numerosos afeccionados ao mundo do cabalo procedentes de toda Galicia.

O sábado, arredor das 16:00 h., comezaron as actividades cunha rota a cabalo polas beiras do Río Tambre, que durou preto de tres horas. Esa tarde celebráronse tamén as probas de salto de obstáculos, a unha simpática carreira de burros. No serán a xornada rematou cunha cea de confraternidade que reuniu aos participantes.

Domingo foi o día forte, no que se concentraron a maioría das actividades. Pola Mañá, dende as nove ata a hora do xantar, realizouse un concurso morfolóxico, unha xincana e o concurso de arrastre.

Pola tarde, destacar a embretada de xovencas o reprise de doma e, sobre todo, o espectáculo exhibición de manexo natural de cabalos a cargo do mexicano Chico Ramírez, un dos grandes mestres da comunicación cos cabalos e unha das figuras do mundo en doma ecuestre natural máis destacada. O mexicano, enxeñeiro agrónomo de profesión, utiliza unha disciplina denominada Manexo natural do cabalo, que combina a psicoloxía condutista e a etoloxía (rama da bioloxía que estuda o comportamento dos animais).

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela