| 19/02/2013 | Festa de Entroido en Brión 2013 |
|---|---|
| 01/02/2013 | Entroido 2013 |
| 10/01/2013 | Multitudinario recibimento en Brión ás SS.MM. os Reis Magos |
| 08/01/2013 | Gañadores do concurso de Tarxetas de Nadal 2012 |
| 04/01/2013 | Cabalgata de Reis 2013 |
| 21/12/2012 | Os Reais Paxes visitaron os centros educativos de Brión |
| 05/12/2012 | Nadal 2012, Felices festas! |
| 01/12/2012 | Castañas e chocolate con churros no Magosto brionés |
| 09/11/2012 | Magosto 2012 |
| 01/10/2012 | Celebrouse un ano máis a Romaría de Santa Minia |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
Os días 17 e 18 de setembro vaise celebrar nos montes de Rañalonga unha nova edición da Festa do Cabalo de Brión, unha das citas máis importantes da comarca que reúne aos amantes do mundo equino.
O sábado 17, a partires das 10 da mañá, celebrarase a xa tradicional ruta ecuestre polos montes de Rañalonga e ribeira do río Tambre. Seguidamente comezará o concurso de saltos e a carreira de Burros. Para rematar a xornada, realizarase unha cea confraternal para os participantes nas distintas probas.
O domingo 18, ás 10 de mañá vanse disputar o concurso morfolóxico, novidade deste ano 2011, e o concurso de arrastre. De seguido, ás 14 h. unha pausa para gozar dun xantar campestre, por exemplo nunha “pulpería” privada que haberá no recinto, á que poderá acudir quen queira. Pola tarde, ás 17 h., terá lugar a “embretada de xovencas” e unha exhibición de doma pechará a edición da festa deste ano.
Máis información no portal da Festa do Cabalo